"La diferencia con las otras baladas de Eurovisión es que nuestra historia de amor es real"

Amaia e Alfred mantiveron un encontro con xornalistas en Lisboa, onde falaron das súas posibilidades no festival da canción

Amaia y Alfred, este jueves en Lisboa. RTVE
photo_camera Amaia e Alfred, este xoves en Lisboa. RTVE

Amaia Romero, navarra de 19 anos, e Alfred García, catalán, de 21 anos, encaran a recta final de Eurovisión cunha axenda que os permite este xoves manter unha xuntanza con seareiros na Eurovila da Praça do Comércio e gozar da primavera de Lisboa. Nun encontro con medios celebrado pola mañá, os representantes de RTVE no festival cren que as baladas románticas non terían por que penalizar na gran final e, aínda máis, Alfred considera que eles parten coa vantaxe fronte aos demais de que a súa historia de amor non é só algo que representan nun escenario durante tres minutos, senón "real".

Amaia, máis faladora este xoves có seu compañeiro e igual de natural e espontánea ca na academia de Operación Triunfo, considera que o efecto Salvador Sobral do ano pasado, ademais de animar á presentación de baladas, supuxo a ratificación da fin dos clixés asociados a Eurovisión. "Cualquier tipo de canción puede gustarles a los eurofans y a los jurados", di.

Eles, como músicos, indican que unha das súas favoritas é a canción que defenden para os anfitrións da RTP portuguesa Cláudia Pascoal e Isaura, o medio tempo intimista O Jardim, e tamén confesan afinidade con Mikolas, o mozo da República Checa que lidera unha das candidaturas máis marchosas. Asemade, vímolos na primeira semifinal animar a un desconsolado Ari, o cantante islandés, que quedou fóra da final. "Con Ari la conexión fue instantánea y tenemos con él una relación muy bonita y especial. Es una persona muy cariñosa y muy amable y tanto el mensaje como la escenografía eran de mis favoritas”, indica Alfred.

Polo que respecta á polémica artellada por algúns medios españois arredor do episodio España de mierda, Alfred non quere engadir unha palabra máis, mentres que Amaia retruca que ela non lle dá máis importancia. "Todo el mundo tiene derecho a expresar una opinión, pero yo creo que si no hubiese pasado lo del libro [Alfred regaloulle a Amaia pola Diada de Sant Jordi a novela España de mierda, de Albert Pla], sería otra cosa. Críticas siempre va a haber y no puedes gustarle a todo el mundo".

Comentarios