Convocada a III edición dos Premios Son Muller

O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata as 00.00 horas do 20 de decembro ► Aelu busca recoñecer o papel relevante das mulleres empresarias e emprendedoras da provincia de Lugo
photo_camera Spot da III Edición dos Premios Son Muller

Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (Aelu), que conta cunha traxectoria de máis de 30 anos empoderando á muller empresaria e emprendedora, vén de convocar a III edición dos Premios Son Muller para a provincia de Lugo. Estes galardóns recoñecen o papel relevante das mulleres emprendedoras, empresarias e empresarias rurais "como alicerce e motor económico" da provincia.

Así, con estes Premios Son Muller 2020, Aelu continúa co obxectivo de "promover, visibilizar, homenaxear e potenciar" a participación da muller no entorno económico e social lucense.

A iniciativa, coa que colabora o Concello de Lugo e que patrocinan a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, Abanca e Tic - Servizos Audiovisuais, divídese en tres categorías (Son Empresaria Rural, Son Empresaria e Son Emprendedora) e en cada unha delas outorgarase un primeiro e un segundo premio.

Categorías e dotación da III Edición dos Premios Son Muller
1º Premio Son Empresaria Rural ► 1.000 euros + figura + 1 ano de cuotas gratis Aelu 
2º Premio Son Empresaria Rural ► 500 euros + figura + 1 ano de cuotas gratis Aelu
1º Premio Son Empresaria ► 1.000 euros + figura + 1 ano de cuotas gratis Aelu
2º Premio Son Empresaria ► 500 euros + figura + 1 ano de cuotas gratis Aelu 
1º Premio Son Emprendedora ► 1.000 euros + figura + 1 ano de cuotas gratis Aelu
2º Premio Son Emprendedora ► 500 euros + figura + 1 ano de cuotas gratis Aelu

O prazo de presentación de solicitudes para as candidatas estará aberto ata o 20 de decembro ás 00.00 horas.

Para consultar as bases e a documentación requerida pódese ampliar a información na páxina www.empresariaslugo.org ou picando neste enlace.

Unha vez recollidas e valoradas as candidaturas, o 29 de decembro, ás 17.30 horas, daranse a coñecer as gañadoras de esta edición. Será nun acto con limitacións de presencialidade, cumprindo coa normativa sanitaria derivada da pandemia de covid-19.

PREMIOS MULLER BO

Comentarios