Conoce a 'las novias de la Eurocopa'


Arriba, Lena Gercke. No centro, Sarah Brandner, Irina Shayk, Lara Álvarez e, abaixo, Alena Seredova, Yolanthe Sneijder-Cabau e Raffaela Fico. Á dereita, Sylvie van der Vaart. > EFE

A Eurocopa, unha das citas deportivas máis importantes, comeza hoxe e, se os futbolistas serán os protagonistas no campo, nas bancadas chamará a atención a beleza das súas parellas, as wags.

Ademais de Sara Carbonero (noiva de Casillas), Lara Álvarez (Ramos), ou Shakira (Piqué), hai outras moitas mulleres que merecen unha mención.

Irina Shayk, a noiva de Cristiano, seguramente sexa das mulleres máis belas e desexadas que
pasen por esta Eurocopa, pero pode ter celos de outras...

En Alemaña, unha das máis rechamantes é Lena Gercke, parella do madridista Khedira, co que hai uns meses fixo un sensual posado. Sarah Brandner é outra espectacular modelo, parella de Schweinsteiger. E hai un pouco de español grazas a Mario Gómez, cuxa noiva Silvia Meichel tamén deu os primeiros pasos na moda.

Na selección gala tamén teñen mulleres deportistas como a ex tenista Tatiana Golovin, que é
parella de Samir Nasri. Unha das máis espectaculares desta Eurocopa é a holandesa Sylvie van der Vaart, esposa de Rafael van der Vaart. Pero na laranxa mecánica tamén hai parte española grazas ás raíces de Yolanthe Sneijder Cabau, a parella de Wesley Sneijder nada en Ibiza.

Outra parella é a formada por Wayne Rooney e a súa muller Coleen. Melanie Slade, noiva de Theo Walcott, é moi solicitada como modelo e actriz.

A selección de Irlanda conta con Claudine Keane, esposa de Robbie Keane e modelo de renome.  En Italia, destaca a esposa de Buffon, Alena Seredova. Tamén hai que mencionar a Cristina de Pin, noiva de Montolivo. Ela e Raffaela Fico, ex de Cristiano e actual noiva de Balotelli, participaran no Grande Irmán italiano.

Comentarios