La CIG invita a los profesores a desobedecer el decreto

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, fixo un chamamento ao profesorado de Galicia para que continúe utilizando o galego nas materias que, a partir do próximo curso escolar, terán que ser impartidas en castelán, tal como establece o borrador do decreto que regula o uso das linguas nas aulas non universitarias.

En rolda de prensa, Louzao anunciou que o sindicato iniciou unha campaña --no marco da plataforma Queremos Galego-- para que o profesorado declare expresamente a súa vontade de impartir as clases en galego. Así, CIG-Ensino apoiará a todos os profesores porque "sabemos que esta batalla a temos gañada", precisou Louzao.

Que a sociedade opine
O secretario nacional do sindicato tamén manifestou a súa intención de promulgar unha iniciativa lexislativa popular para que a sociedade manifeste a súa postura, co mesmo contido que a que o Partido Popular rexeitou admitir a trámite no Parlamento.

Ante isto, Anxo Louzao acusou o goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo de atentar "e combater" contra o proceso de normalización lingüística e de provocar un retroceso na normativa vixente na área.

Así o anteproxecto de regulación do uso do galego no ámbito non universitario, segundo citou o sindicalista, contradi principios recollidos na Lei de Normalización Lingüística (1983) como é o respecto ao idioma en que o profesor imparte a materia, ou no Plan Xeral de Normalización (2004) que lexisla que o 50% das materias, incluída Matemáticas, débense impartir en galego.

Un decreto que ''roza'' a ilegalidade
Ademais, o decreto do uso do galego aprobado no 2007 polo goberno bipartito recolle que nas zonas onde predomina o uso do castelán, o galego deberá ter unha presenza do 50% nas aulas.

Polo tanto, o secretario nacional de CIG-Ensino acusou o Executivo galego de elaborar un decreto que "roza a ilegalidade" e de ir en contra de mandatos estatutarios co obxectivo de perseguir, "eliminar e evitar o uso social do idioma propio". Con todo, "nunca o conseguirán", predixo Louzao.

Para rematar, o sindicalista cualificou o novo "decreto de fraude" por non asumir as demandas dos diferentes colectivos e das mobilizacións e folgas do ensino que contaron cun respaldo maioritario. Así, Louzao asegurou que o Goberno autonómico "non só lexisla en contra do galego, senón que se quedou só, co único aliado de Galicia Bilingüe.

Comentarios