lunes. 26.08.2019 |
El tiempo
lunes. 26.08.2019
El tiempo

'AR-K', una aventura gráfica 'made in' Galicia

A empresa galega Gato Salvaje, creada na Coruña por tres mozos emprendedores, presentou esta mañá 'AR-K', un videoxogo "independiente, de calidade e feito dende Galicia" e que verá a luz no primeiro trimestre de 2011, segundo sinala Sergio Prieto, un dos seus artífices.

No acto de presentación, que tivo lugar na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia, esta empresa, integrada tamén por Javier Vara e Javier Vilar --os outros socios--, unha programadora e un deseñador 3D, deu a coñecer o que será o primeiro dos cinco capítulos que conforman esta aventura gráfica e que leva por título 'Sexo, mentiras y trabajos de clase'

O videoxogo conta a historia de Alicia, unha estudante de xornalismo que vive nun futuro utópico e no que os acontecementos e o descubrimento dun misterioso obxecto vanlle facer cavilar sobre o que cree saber sobre o mundo e o sistema no que se criou.

Sergio Prieto anunciou durante a rolda de prensa que cada un dos episodios de 'AR-K' producirase por separado e terán unha periodicidade que, en principio, é de entre dous e tres meses. No entanto, sinala que eses prazos poderían variar, xa que aproveitarán o tempo entre un e outro para corrixir os posibles erros e incorporar modificacións.

A data que barallan para o lanzamento é o próximo 9 de febreiro. Poderase adquirir por un prezo de 5,95 euros na web da compañía e a través de distribuidores especializados de Internet. "Aínda que non somos os primeiros en lanzar un videoxogo dende Galicia, somos pioneiros en intentalo lanzar dende un prisma de calidade e en galego", apunta Prieto.

As expectativas destes tres emprendedores pasan por acadar as 20.000 descargas do primeiro capítulo, que, recoñecen, "non é descabelado pero tampouco nada sinxelo”. Confían tamén en poder levar o videoxogo a outros formatos, entre os que se atopan Linux, Mac e incluso a videoconsola Nintendo Wii. Descartan outras vidoconsolas como a Play Station ou a Xbox porque "nestas plataformas as aventuras gráficas non teñen suficiente mercado". O videoxogo comercializarase en galego, castelán, inglés e alemán.

'AR-K', una aventura gráfica 'made in' Galicia
Comentarios