O Estudiantes certificou xa o pase á Fase Final da Primeira mini

A falta de dúas xornadas para rematar a fase, conseguiron matematicamente o liderado do grupo A1. Tamén se coroaron as súas compañeiras de club na Segunda mini feminina

Primeira Mini

Masculina 2ª Fase A1

O Estudiantes conseguiu asegurar o liderado a falta de dúas xornadas para que remate a segunda fase.

O equipo celeste impúxose esta fin de semana a domicilio ao Básquet Coruña. O fixo cun marcador de 42-77 que certificou o seu pase á semifinal autonómica.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 8

Río Ulla 66 54 Allariz
Basket Ferrol 91 65 Estudiantes R
Básquet Coruña 42 77 Estudiantes Lugo

Próxima xornada 

Basket Ferrol - - Allariz
Estudiantes R - - Básquet Coruña
Estudiantes Lugo - - Río Ulla

 

Masculina 2ª Fase A2

No grupo A2 o Rosalía de Castro tamén vai polo bo camiño. Os lucenses mantéñense no podio despois de superar ao Betanzos coma visitantes. O partido, que xogaron a domicilio, rematou cun marcador de 57-88 a favor do cadro de Lugo, que leva seis vitorias e só dúas derrotas.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 8

Betanzos 57 88 Rosalía de Castro
Novobasket 94 71 Compañía de María
Salesianos Vigo A ND Obradoiro

Próxima xornada 

Compañía de María - - Salesianos Vigo A
Novobasket - - Rosalía de Castro
Obradoiro - - Betanzos

 

Masculina 2ª Fase B2

No grupo B2 ningún dos dous equipos lucenses saíu á pista, xa que no calendario tocáballe xogar ao Galén Ensino contra o CAB, pero este duelo xa se celebrou no mes de abril, con vitoria dos de Lugo.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 8

Galén Ensino 92 58 CAB
Culleredo ND PBB A

Próxima xornada 

PBB A - - Ría de Ribadeo
CAB - - Culleredo

 

Feminina 2ª Fase A2

Na categoría feminina o Sarria subiu ao segundo posto despois de gañar, por só un punto, ao Vedruna Ourense.

Foi un partido bastante espeso, no que ningún dos dous equipos lograron amosar o seu mellor xogo. No último cuarto as amarelas sacaron unha moi boa actitude o que fixo que, xunto coa súa seriedade en defensa, puideran levarse o encontro.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 8

Vedruna Ourense 42 43 Sarria
Academia Celta 64 13 Fundiciones Rey
Brión 63 55 Básquet Coruña

Próxima xornada

Ourense - - Básquet Coruña
Sarria - - Academia Celta
Fundiciones Rey - - Brión

 

Segunda Mini

Feminina

Na Segunda mini a feminina non tivo xornada, pero o Galén Ensino e o Estudiantes adiantaron o seu encontro da vindeira xornada e as celestes confirmaron o liderado. O equipo estudiantil impúxose cun marcador de 09-60 e así pecha a liga invicto.

Consulta a clasificación aquí

Resultado adiantado xornada 18

Galén Ensino 09 60 Estudiantes 

Próxima xornada

Franciscanos - - Burela 2013
Viveiro - - Ensino 
Ría de Ribadeo - - Cidade de Lugo
Burela 2012 - - Maristas Lugo

 

Masculina

3ª Fase - Grupo A

A terceira fase masculina está a punto de rematar, no grupo A o Ensino xa ten asegurado o liderado. Os ensinistas gañaron nesta quenda ao Estudiantes Azul por 86-36. No segundo posto está o Viveiro, que se impuxo ao ao Cidade de Lugo cun marcador de 64-73.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 9

Ensino 86 36 Estudiantes Azul
Cidade de Lugo 64 73 Viveiro

Próxima xornada

Estudiantes Azul - - Cidade de Lugo
Burela - - Ensino

 

3ª Fase - Grupo B

No grupo B o Sarria lidera a clasificación, pero a só un punto do Galén Ensino, que esta fin de semana superou ao Estudiantes Rojo (32-61). A vindeira fin de semana enfrontaranse o primeiro e segundo, podendo cambiar a orde definitiva.

No terceiro posto está o Rosalía de Castro, xa que se puxo por riba do Ensino Rojo ao gañalo por 30-75.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 9

Estudiantes Rojo 32 61 Galén Ensino
Ensino Rojo 30 75 Rosalía de Castro

Próxima xornada

Galén Ensino - - Sarria
Rosalía de Castro - - Estudiantes Rojo

 

3ª Fase - Grupo C​

No grupo C remataron xa a terceira fase. O Sagrado Corazón rematou líder pois quedou invicto tras superar ao Franciscanos, segundo clasificado. No terceiro posto rematou o María Auxiliadora, seguido do Maristas Lugo.

Consulta a clasificación aquí