Chegaron as primeiras derrotas da fase para o Rosalía de Castro e o Sarria

O Estudiantes mantense invicto no grupo A1, mentres que no B2 o Ría de Ribadeo perdeu na casa

Primeira Mini

Masculina 2ª Fase A1

A Primeira mini achégase ao ecuador da segunda fase e o Estudiantes segue invicto no grupo A1. Os celestes lideran a clasificación e levan catro vitorias tras impoñerse a domicilio ao Río Ulla por 19-70.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 4

Allariz 87 68 Basket Ferrol
Básquet Coruña 41 57 Estudiantes R
Río Ulla 19 70 Estudiantes

Próxima xornada 

Estudiantes R - - Río Ulla
Basket Ferrol - - Básquet Coruña
Estudiantes - - Allariz

 

Masculina 2ª Fase A2

No grupo A2 o Rosalía de Castro perdeu por primeira vez nesta fase. O equipo da capital provincial recibiu en Frigsa ao Novobasket, líder da clasificación, e foi derrotado cun taboleiro de 67-80. Tras isto, os lucenses quedan no terceiro posto con sete puntos, polo momento.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 4

Salesianos Vigo A 48 44 Compañía de María
Rosalía de Castro 67 80 Novobasket
Betanzos 46 75 Obradoiro

Próxima xornada 

Salesianos Vigo A - - Novobasket
Obradoiro - - Rosalía de Castro
Compañía de María - - Betanzos

 

Masculina 2ª Fase B2

Pasando a falar do grupo B2, na matinal do domingo o Ría de Ribadeo recibiu ao PBB A no Pavillón Grande. O cadro da Mariña tivo opcións, pero rematou perdendo por unha diferenza de dez puntos.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 4

Culleredo 53 71 CAB
Ría de Ríbadeo 52 62 PBB A

Próxima xornada 

Galén Ensino - - Culleredo
CAB - - Ría de Ribadeo

 

Feminina 2ª Fase A2

Na categoría feminina, tamén chegou a primeira derrota do Sarria. As amarelas enfrontáronse a un dos mellores equipos da categoría, o Academia Celtas, e non puideron con elas. O partido, que foi dominado polas locais, saldouse cun marcador de 88-37.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 4

Academia Celta 88 37 Sarria
Brión 64 13 Fundiciones Rey
Básquet Coruña 65 14 Ourense

Próxima xornada

Fundiciones Rey - - Básquet Coruña
Sarria - - Brión
Ourense - - Academia Celta

 

Segunda Mini

Feminina

Pasando a falar da Segunda mini, a feminina continua cun Estudiantes imparable, que se levou a vitoria número 14 esta fin de semana. O fixo na casa, contra o Cidade de Lugo. No segundo posto está o Burela 2012, que gañou ao Burela 2013 no derbi de club. O Ría de Ribadeo so ten dous puntos menos que as laranxas, e esta xornada superou ao Viveiro a domicilio por 20-55.

O Maristas Lugo é cuarto, con 23 puntos logo de pechar acta contra o Galén Ensino (04-55). O Franciscanos, que é quinto, adiou o duelo contra o Ensino.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 14

Estudiantes 64 12 Cidade de Lugo
Galén Ensino 04 55 Maristas Lugo
Ensino A Franciscanos
Viveiro 20 55 Ría de Ribadeo
Burela 2013 29 78 Burela 2012

Próxima xornada

Franciscanos - - Estudiantes
Cidade de Lugo - - Galén Ensino
Ría de Ribadeo - - Burela 2013
Maristas Lugo - - Viveiro
Burela 2012 - - Ensino Lugo

 

Masculina

No caso da categoría masculina, o grupo A deixou unha nova vitoria do Ensino, líder da clasificación, que superou ao Burela (65-25). Mais axustado foi o duelo entre o Cidade de Lugo e o Estudiantes Azul, pois os dous puntos caeron para o equipo visitante cunha diferenza mínima de 45-47.

No grupo B segue no bo camiño o Sarria, pois conseguiu o cuarto triunfo consecutivo na casa contra o Galén Ensino (71-21). O Rosalía de Castro achegouse ao Galen logo de quedar a só un punto grazas á vitoria sobre o Estudiantes Rojo.

3ª Fase - Grupo A

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 5

Ensino 65 25 Burela
Cidade de Lugo 45 47 Estudiantes Azul

Próxima xornada

Cidade de Lugo - - Burela
Viveiro - - Estudiantes Azul

 

3ª Fase - Grupo B

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 5

Estudiantes Rojo 29 79 Rosalía de Castro
Sarria 71 21 Galén Ensino

Próxima xornada

Estudiantes Rojo - - Ensino Rojo
Sarria - - Rosalía de Castro

 

3ª Fase - Grupo C​

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

María Auxiliadora - - Franciscanos
Sagrado Corazón - - Maristas Lugo