A Mariña aproveitou as vacacións do Entroido para celebrar un duelo adiantado

O Viveiro Negro e o Burela, da categoría feminina, disputaron o enfrontamento correspondente á décima xornada, que rematou con vitoria das laranxas
Unha imaxe de arquivo do duelo do Ensino contra o Burela. Foto: Bera Arias
photo_camera Unha imaxe de arquivo do duelo do Ensino contra o Burela. Foto: Bera Arias
  1. Feminina
  2. Masculina 

Feminina

A categoría provincial de minibasket non tivo xornada na fin de semana, pero dous equipos da Mariña deixaron resolto o seu encontro da seguinte quenda. O Viveiro Negro recibiu ao Burela na casa e rematou perdendo por 14-57. As laranxas ocupan o terceiro posto da clasificación, despois do Franciscanos e o Maristas Lugo. As líderes enfrontaranse contra o Viveiro Blanco a vindeira fin de semana e o Maristas xogará coma visitante ante o Ensino Galén. O Estudiantes, cuarto, xogará contra o Cidade de Lugo, quinto clasificado.

GRUPO ÚNICO

Resultado partido adiantado xornada 10

Viveiro Negro 14 57 Burela

Clasificación

Equipo PT X G P PF PC
Franciscanos 18 9 9 0 448 161
Maristas Lugo 17 9 8 1 413 212
Burela 17 10 7 3 500 362
Estudiantes 14 9 5 4 825 241
Cidade de Lugo 13 9 4 5 257 370
Ensino Galén 10 8 2 6 257 305
Viveiro Negro 10 10 0 10 148 510
Viveiro Blanco 8 8 1 6 154 328

Próxima xornada 

Ensino Galén - - Maristas Lugo
Franciscanos - - Viveiro Blanco
Cidade de Lugo - - Estudiantes

 

Masculina 

Na masculina, a próxima xornada enfrontará ao Cidade de Lugo, cabeza de lista, contra o Estudiantes Rojo, equipo que só conseguiu dúas vitorias polo momento. O Ensino Lugo e o Burela completan o podio e enfrontaranse entre eles. O Rosalía de Castro 11 viaxará para enfrontarse contra o Viveiro e o Ría de Ribadeo contra o Galén Ensino. O Cidade Fingoi e o Rosalía de Castro 12 actuarán coma locais ante o Franciscanos e Estudiantes Azul.

GRUPO ÚNICO

 

Clasificación

Equipo PT X G P PF PC
Cidade de Lugo 20 10 10 0 597 240
Ensino Lugo 18 10 8 2 601 362
Burela 18 10 8 2 528 312
Rosalía de Castro 11 16 8 7 2 440 236
Estudiantes Azul 15 10 5 5 485 490
Franciscanos 15 9 6 3 383 329
Viveiro 15 10 5 5 425 389
Rosalía de Castro 12 12 9 3 6 361 265
Galén Ensino 12 9 3 6 248 501
Estudiantes Rojo 12 10 2 8 248 501
Ría de Ribadeo 11 10 1 9 114 519
Cidade Fingoi 10 10 0 10 104 539

Próxima xornada

Estudiantes Rojo - - Cidade de Lugo
Galén Ensino - - Ría de Ribadeo
Viveiro - - Rosalía de Castro 11
Ensino Lugo - - Burela
Cidade Fingoi - - Franciscanos
Rosalía de Castro 12 - - Estudiantes Azul