O Estudiantes comezará o Campionato de España o 23 de xuño

Córdoba será a sede da competición, na que se enfrontarán os 32 mellores clubs da categoría
O Estudiantes tras impoñerse na fase final feminina. Foto: FGB
photo_camera O Estudiantes tras impoñerse na fase final feminina. Foto: FGB

O Estudiantes corouse a semana pasada como o mellor equipo de Galicia na súa categoría, tras impoñerse nas semifinais ao Allariz Verde e na final ao Novobasket.

Agora agarda o Campionato de España mini, que se celebrará entre os días 23 e 26 de xuño en Córdoba. Os 32 mellores clubs da categoría loitarán para destronar ao Valencia Basket, actual campión da categoría masculina. O Campionato feminino disputarase nas mesmas datas pero en Fuengirola e Alhaurín de la Torre.

Esta será a segunda edición dun torneo que foi un éxito o pasado ano e no que tamén participara o club celeste, que rematara nun moi bo onceavo posto na clasificación.