Lixeiros cambios nas táboas de clasificación da competición de minibasket provincial

O Maristas púxose líder da feminina polo momento e na masculina o Rosalía de Castro 12 fixo baixar un posto ao Estudiantes Azul
  1. Feminina
  2. Masculina 

Feminina

O Maristas Lugo colocouse no primeiro posto da feminina polo momento ao gañarlle ao Ensino Galén por 43-82. Ata agora, ocupaban a segunda posición do podio, pero como o Franciscanos e o Viveiro Blanco adiaron o seu partido desta fin de semana, subiu ata o número un. O outro duelo que se celebrou o sábado foi o do Cidade de Lugo e o Estudiantes, partido que gañaron as celestes por 14-57.

GRUPO ÚNICO

Resultados xornada 10 

Ensino Galén 43 82 Maristas Lugo
Franciscanos A Viveiro Blanco
Cidade de Lugo 14 57 Estudiantes

Clasificación

Equipo PT X G P PF PC
Maristas Lugo 19 10 9 1 495 255
Franciscanos 18 9 9 0 448 161
Burela 17 10 7 3 500 362
Estudiantes 16 10 6 4 369 278
Cidade de Lugo 14 10 4 6 294 427
Ensino Galén 11 9 2 7 300 387
Viveiro Negro 10 10 0 10 148 510
Viveiro Blanco 8 8 1 6 154 328

Próxima xornada 

Viveiro Negro - - Cidade de Lugo
Estudiantes - - Ensino Galén
Maristas Lugo - - Franciscanos
Viveiro Blanco     Burela

 

Masculina 

Na categoría masculina, o Estudiantes Azul baixou un posto na clasificación despois de caer contra o Rosalía de Castro 12, que o gañou por 71-31. Así, os celestes empatan a puntos co Viveiro, que os pasou por riba malia caer tamén contra o Rosalía de Castro 11. O Cidade de Lugo segue liderando a lista e fíxose co triunfo número 11 superando ao Estudiantes Rojo. No segundo posto o Ensino Lugo foi derrotado por un rival directo, o Burela, que o segue con tan só un punto menos. O Franciscanos, quinto, levouse os dous puntos coma visitante ante o Cidade Fingoi. Na zona baixa da clasificación seguen o Galén Ensino e o Ría de Ribadeo, que se enfrontaron esta semana e rematou vencendo o equipo da capital.

GRUPO ÚNICO

Próxima xornada

Estudiantes Rojo 10 60 Cidade de Lugo
Galén Ensino 37 19 Ría de Ribadeo
Viveiro 39 58 Rosalía de Castro 11
Ensino Lugo 50 53 Burela
Cidade Fingoi 21 45 Franciscanos
Rosalía de Castro 12 71 31 Estudiantes Azul

Clasificación

Equipo PT X G P PF PC
Cidade de Lugo 22 11 11 0 657 250
Ensino Lugo 19 11 8 3 651 415
Burela 18 10 8 2 514 345
Rosalía de Castro 11 18 10 8 2 498 275
Franciscanos 17 10 7 3 428 350
Viveiro 16 11 5 6 464 447
Estudiantes Azul 16 11 5 6 516 561
Rosalía de Castro 12 14 10 4 6 432 296
Galén Ensino 13 9 4 5 374 380
Estudiantes Rojo 13 11 2 9 258 561
Ría de Ribadeo 12 11 1 10 133 586
Cidade Fingoi 11 11 0 11 125 584

Próxima xornada

Ría de Ribadeo - - Franciscanos
Galén Ensino - - Estudiantes Azul
Rosalía de Castro 12 - - Cidade de Lugo
Ensino Lugo - - Rosalía de Castro 11
Viveiro - - Cidade Fingoi
Burela - - Estudiantes Rojo