O Franciscanos manténse invicto despois de vencer ao Maristas Lugo

Os dous conxuntos da feminina son rivais directos polo ouro e a falta de tres xornadas mantéñense con 20 puntos
  1. Feminina
  2. Masculina 

Feminina

A xornada número once enfrontou a dous candidatos polo ouro e foi o Franciscanos quen se levou a vitoria. O Maristas Lugo caeu contra as líderes por 37-46. Ambos os dous equipos teñen 20 puntos, pero o Franciscanos ten un partido menos. O Burela séguelles preto no terceiro posto e esta fin de semana gañaron ao Viveiro Blanco por 24-45. O Estudiantes foi mellor que o Ensino Galén e decantou o taboleiro ao seu favor cun resultado de 62-48. A cuarta vitoria desta quenda conseguiuna o Cidade de Lugo, ao impoñerse ao Viveiro Negro a domicilio cunha diferenza de 20 puntos.

GRUPO ÚNICO

Resultados xornada 11

Viveiro Negro 15 35 Cidade de Lugo
Estudiantes 62 48 Ensino Galén
Maristas Lugo 37 46 Franciscanos
Viveiro Blanco 24 45 Burela

Clasificación

Equipo PT X G P PF PC
Franciscanos 20 10 10 0 494 198
Maristas Lugo 20 11 9 2 532 301
Burela 19 11 8 3 545 386
Estudiantes 18 11 7 4 431 326
Cidade de Lugo 16 11 5 6 329 442
Ensino Galén 12 10 2 8 348 504
Viveiro Negro 11 11 0 11 163 545
Viveiro Blanco 9 9 1 7 178 373
 

Próxima xornada 

Viveiro Blanco - - Viveiro Negro
Franciscanos - - Estudiantes
Ensino Galén - - Cidade de Lugo
Maristas Lugo - - Burela

 

Masculina 

Na categoría masculina, quen se mantén invicto e o Cidade de Lugo. Esta semana conquistou a vitoria número doce ganándolle ao Rosalía de Castro 12 cun taboleiro de 21-53.  No segundo posto, o Ensino Lugo levouse o noveno triunfo sobre o Rosalía de Castro 11 impoñéndose coma local por 43-38. O Burela, terceiro clasificado, pechou acta sobre o Estudiantes Rojo, cun marcador de 66-16. Tamén na Mariña, o Viveiro levouse os dous puntos no partido contra o Cidade de Lugo Fingoi. O Franciscanos, quinto, superou na Mariña ao Ría de Ribadeo por 19-70. O Estudiantes Azul igualou o número de derrotas e vitorias na táboa co triunfo coma visitante ante o Galén Ensino.

GRUPO ÚNICO

Resultados xornada 12

Ría de Ribadeo 19 70 Franciscanos
Galén Ensino 38 53 Estudiantes Azul
Rosalía de Castro 12 21 53 Cidade de Lugo
Ensino Lugo 43 38 Rosalía de Castro 11
Viveiro 47 11 Cidade Fingoi
Burela 66 16 Estudiantes Rojo
 

Clasificación

Equipo PT X G P PF PC
Cidade de Lugo 24 12 12 0 710 271
Ensino Lugo 21 12 9 3 694 453
Burela 20 11 9 2 580 361
Rosalía de Castro 11 19 11 8 3 536 318
Franciscanos 19 11 8 3 498 369
Viveiro 18 12 6 6 511 458
Estudiantes Azul 18 12 6 6 459 599
Rosalía de Castro 12 17 12 5 7 510 381
Galén Ensino 15 11 4 7 444 490
Estudiantes Rojo 14 12 2 10 274 627
Ría de Ribadeo 13 12 1 11 152 656
Cidade Fingoi 12 12 0 12 136 631

Próxima xornada

Fraciscanos - - Viveiro
Cidade de Lugo - - Ensino Lugo
Rosalía de Castro 11 - - Estudiantes Rojo
Burela - - Rosalía de Castro 12
Cidade de Lugo - - Galén Ensino
Estudiantes Azul - - Ría de Ribadeo