O Sarria despediuse da fase de ascenso tralas semifinais

O equipo amarelo gañou na casa ao Montrove, pero non conseguiu a diferenza suficiente para darlle a volta á eliminatoria

Feminina 

Fase de Ascenso

O Sarria disputou esta fin de semana os dous duelos das semifinais da fase de ascenso. Enfrontouse ao Montrove nunha eliminatoria moi igualada que  puido caer para calquera dos dous lados. No partido de ida, disputado a domicilio, as lucenses foron derrotadas cun marcador de 74-62 propiciado por erros pouco comúns neste equipo.

No partido de volta, na casa, o cadro amarelo chegouse a poñer 13 puntos por diante, o que lles acercaba a pasar a eliminatoria. Tiveron varias accións para romper o partido, pero unha mala lectura impediu que conseguiran tal renta, malia gañar o segundo duelo por 62-54.

Consulta a clasificación aquí

MONTROVE 74 - 62 SARRIA

Montrove: Noa, Rosa, Noelia, Matilda, Paula, Carla, Clara, Ana e Paula.
CB Sarria: Lúa, Gabriela, Zoe, Celia, Uxía, Eva, Sara, Paula, Alejandra e Sara T.
Parciais: 17-19/19-11/20-12/18-20.
Cancha: Canide Mera.

SARRIA 62 - 54 MONTROVE

CB Sarria: Lúa, Gabriela, Zoe, Celia, Uxía, Eva, Sara, Paula, Alejandra e Sara.
Montrove: Noa, Rosa M, Noelia, Matilda, Paula, Carla L, Carla P, Paula e Andrea.
Parciais: 15-13/21-18/17-13/09-10.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto. 


Semifinais ida

Montrove 74 62 Sarria
Seis do Nadal Coia 68 46 CLB

Semifinais volta

Sarria 62 54 Montrove
CLB 65 50 Seis do Nadal Coia