O Sarria certifica o pase a semifinais polo ascenso a Galega

Na masculina, o Estudiantes non conseguiu superar ao Narón a domicilio e quedou eliminado

Feminina 

Fase de Ascenso

O Sarria confirmou o seu pase ás semifinais gañando de novo ao Seis do Nadal B, esta vez no Novo Pavillón do Chanto. O cadro amarelo dominou o rebote en ambos os dous aros, o que lle permitiu saír con rápidas transicións e ter moitas opcións de ataque.

Ante o dominio local, rotouse moito no banco co fin de chegar cun bo estado para o seguinte cruce.

Consulta a clasificación aquí

SARRIA 88 - 44 SEIS DO NADAL B

CB Sarria: Lúa, Gabriela, Zoe, Celia, Uxía, Eva, Sara, Paula e Sara T.
Seis do Nadal B: Lía, Candela, Erika, Noa, Nicole, Carlota, Celia, Claudia, Carmen, Ailen e Gabriela.
Parciais: 27-16/27-14/24-07/10-07.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

 

Resultados ida cuartos

Arxil A 75 75 Montrove
Seis do Nadal B 29 91 Sarria
CLB 83 29 Barco
BAXI Ferrol 40 42 Seis do Nadal Coia

Resultados volta cuartos 

Barco 45 57 CLB
Montrove 76 73 Arxil A
Sarria 88 44 Seis do Nadal B
Seis do Nadal Coia 59 58 BAXI Ferrol

Semifinais 

Montrove - - Sarria
Seis do Nadal Coia - - CLB

 

Masculina 

Fase de Ascenso

En canto ao Estudiantes, na masculina, non conseguiu pasar a eliminatoria. Os celestes empataran contra o Narón na casa e a domicilio perderon por unha diferenza de só catro puntos. O equipo local saíu con máis intensidade, apertando aos de Lugo e forzándoos a cometer erros.

Malia isto, o equipo de Pablo Abuín tivo momentos de verticalidade nos que se meteu no partido grazas ás boas transicións. Con isto, o partido chegou igualado ao final, pero o arbitraxe permisivo inclinou a balanza ao equipo local, que se acabou levando o duelo cunha diferenza de só catro puntos.

Consulta a clasificación aquí

NARÓN 59 - 55 ESTUDIANTES

Baloncesto Narón: Antón, Asier, Jorge, Bruno, Ángel, Pablo, Hugo, Pablo, Bruno, Alejandro, Guillermo e Facundo.
Estudiantes Lugo: Bosco, Pablo, Antón, Martín, Julen, Iverson, Manuel, Esteban e Pablo.
Parciais: 19-11/17-22/17-10/06-12.
Cancha: Municipal da Gándara.

 

Resultados ida cuartos

Estudiantes 56 56 Narón
Blanco Amor 63 75 Básquet Coruña
Betanzos 46 65 Seis do Nadal Coia
Compañía de María 61 75 Sigaltec

Resultados volta cuartos 

Básquet Coruña 66 36 Blanco Amor
Sigaltec 80 54 Compañía de María
Seis do Nadal Coia 79 62 Betanzos
Narón 59 55 Estudiantes

Semifinais 

Sigaltec - - Seis do Nadal Coia
Narón - - Básquet Coruña