Boa actuación lucense na primeira xornada polo ascenso á Primeira júnior

O Sarria superou a domicilio ao Seis do Nadal B e o Estudiantes empatou na casa contra o Narón

Feminina 

Fase de Ascenso

Esta fin de semana comezou a fase de ascenso á Primeira coa celebración dos cuartos de final. O Sarria disputou o partido de ida contra o Seis do Nadal B a domicilio e acabou fulminando o duelo cun marcador de 29-91.

O equipo amarelo saíu moi concentrado ao parque, impoñendo boas transicións e cunha boa lectura do bloqueo directo, o que lles permitiu romper o partido desde moi cedo. Defensivamente, as de Sarria fixeron un moi bo traballo en ambas partes do duelo, impedido ás locais anotar con facilidade. Tras isto, deberan asegurar a eliminatoria a vindeira semana na casa.

Consulta a clasificación aquí

SEIS DO NADAL B 29 - 91 SARRIA

Seis do Nadal A: Lía, Candela, Erika, Noa, Nicole, Carlota, Celia, Claudia, Carmen, Ailen, Gabriela e Nerea.
CB Sarria: Lúa, Gabriela, Zoe, Celia, Uxía, Eva, Sara, Paula e Sara T.
Parciais: 08-29/00-25/10-19/11-18.
Cancha: Seis do Nadal.

 

Resultados xornada 1

Arxil A 75 75 Montrove
Seis do Nadal B 29 91 Sarria
CLB 83 29 Barco
BAXI Ferrol 40 42 Seis do Nadal Coia

Próxima xornada 

Barco - - CLB
Montrove - - Arxil A
Sarria - - Seis do Nadal B
Seis do Nadal Coia     BAXI Ferrol

 

Masculina 

Fase de Ascenso

Na categoría masculina o Estudiantes xogou o primeiro encontro da fase de ascenso na casa, contra o Narón. Foi un partido duro, moi físico, onde o cadro celeste non conseguiu sentirse cómodo en ningún momento. No primeiro cuarto os visitantes tomaron as primeiras vantaxes, pero os locais conseguiron meterse no partido sendo moi agresivos de cara ao aro, xa que non foi o seu día no tiro exterior.

A segunda metade foi outra vez de ida e volta, con gran defensa de ambos os dous equipos e pouco acerto. O Estudiantes conseguiu afastarse un par de veces ata sete puntos no taboleiro, pero o Narón reaccionou ben e ao final puido gañar calquera, pero o resultado quedou 56-56. Con isto, queda todo por resolver no partido de volta.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 56 - 56 NARÓN

Estudiantes Lugo: Bosco, Pablo, Derek, Martín, Julen, Iverson, Manuel, Esteban e Mateo.
Baloncesto Narón: Antón, Asier, Jorge, Bruno, Ángel, Pablo, Hugo, Pablo F, Bruno, Alejandro, Guillermo e Facundo.
Parciais: 10-15/18-06/14-19/14-16.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 1

Estudiantes 56 56 Narón
Blanco Amor 63 75 Básquet Coruña
Betanzos 46 65 Seis do Nadal Coia
Compañía de María 61 75 Sigaltec

Próxima xornada 

Básquet Coruña - - Blanco Amor
Sigaltec - - Compañía de María
Seis do Nadal Coia - - Betanzos
Narón - - Estudiantes