O Sarria, na feminina, e o Estudiantes, na masculina, coroáronse como campións provinciais

Despois de conseguir o primeiro posto na liga regular, ambos os dous equipos xogarán a fase de ascenso á Primeira júnior

Feminina 

Liga regular

A celebración da décima xornada pechou a liga regular e o Sarria, líder invicto, xa ten o punto de mira no ascenso. As amarelas pecharon a competición cunha vitoria a domicilio sobre o Ensino. Dominaron o partido de inicio a fin con rápidas transiciones e mandando no rebote. Así, chegaron ao marcador de 47-107.

Precisamente, no segundo posto quedaron as ensinistas, un punto por riba do Celtas, que gañou ao Estudiantes Lugo por 29-50 esta quenda.

As celestes quedaron quintas, mentres que o Cidade de Lugo rematou no cuarto posto, asinando o quinto triunfo na Mariña contra o Viveiro.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 29 - 50 CELTAS

Estudiantes Lugo: Anne, Cecilia, Emma, Carla, Gema, Isabel M, Isabel L, Clara, Eva e Lucía.
Celtas: Marta, Lucía, Lucía P, Marta, Lucía M, Antía e Paula.
Parciais: 05-13/09-11/06-15/09-11.
Cancha: Anexo do Pazo.

ENSINO 47 - 107 SARRIA

Ensino Lugo: Sara, Claudia, Elena, Uxía, Ainoa, Claudia, Natalia e Antia. 
CB Sarria: Lúa, Gabriela, Zoe, Uxía, Eva, Sara, Paula e Sara T.
Parciais: 10-24/15-30/13-26/09-27.
Cancha: Anexo do Pazo.

VIVEIRO 52 - 58 CIDADE DE LUGO

CB Viveiro: Sara, Julia, Beatriz, Martina, Paula, Helena, Stéphanie, Andrea e Ana.
Cidade de Lugo: Laura, Sara, Sanna, Natalia, Nuria, Paula, Raquel, Ángela, Noemí e María.
Parciais: 18-09/05-16/18-15/11-18.
Cancha: Viveiro.

 

Resultados xornada 10

Ensino 47 107 Sarria
Estudiantes 29 50 Celtas
Viveiro 52 58 Cidade de Lugo

 

Masculina 

Liga regular

Na categoría masculina foi o Estudiantes quen se quedou co liderado. Os celestes dependían de si mesmos para levarse o ouro e non fallaron. Enfrontáronse no Anexo do Pazo contra o Celtas de Foz. Aínda que empezaron impoñéndose, os da Mariña apertaron as cousas no segundo cuarto. Logo da pausa, volveu mandar o Estudiantes, que comezou a afastarse no marcador ata conseguir unha diferenza final de 102-63.

No segundo posto quedou o Sarria, cos mesmos puntos que os líderes. Os amalos tamén remataron a liga con vitoria, no seu caso, a domicilio contra o Ensino, cun marcador de 53-69. O terceiro posto quedou para o Cidade de Lugo, que nesta derradeira xornada superou ao Viveiro por 64-75.

Consulta a clasificación aquí

ENSINO 53 - 69 SARRIA

Ensino: Cristian, Erik, Joel, Carlos, Antonio, Roi, Samuel, Leo, Julián e Mauro.
CB Sarria: Fausto, Martín, Xabelo, Christian, Sergio, Dimas, Álvaro, Brais e Álex.
Parciais: 09-25/12-16/16-14/16-14.
Cancha: Pazo Provincial dos Deportes.

ESTUDIANTES 102 - 73 CELTAS

Estudiantes Lugo: Bosco, Pablo, Antón, Martín, Julen, Iverson, Manuel, Esteban, Pablo e Mateo.
Celtas Foz: Javier, Álvaro, Darío, Pedro, Nicolás, Ethan, Esteban, Christian e Iván.
Parciais: 21-13/17-24/31-20/33-16.
Cancha: Anexo do Pazo.

VIVEIRO 64 - 75 CIDADE DE LUGO

CB Viveiro: Juan, Marcos, Felipe, Alberto, Nicanor, Óscar e Francisco.
Cidade de Lugo: Max, Ángel, Rubén, Rodrigo, Iago, Miguel, Santiago, Pablo, Diego e Braian.
Parciais: 11-10/25-18/15-31/13-16.
Cancha: Viveiro

 

Resultados xornada 10

Ensino 53 69 Sarria
Estudiantes 102 73 Celtas
Viveiro 64 75 Cidade de Lugo