A Segunda júnior atópase a unha xornada do peche da liga regular

O Sarria ten selado o liderado da feminina, mentres que na masculina os amarelos empatan co Estudiantes a 16 puntos

Feminina 

Liga regular

A Segunda júnior está a piques de pechar a liga regular e o Sarria segue á cabeza con pleno de vitorias. As amarelas aseguraron o liderado despois de superar ao Celtas na casa. No primeiro cuarto sentenciaron xa o partido, cun alto ritmo tanto ofensivo como defensivo, o que fixo que as rivais non estiveran cómodas en ningún momento. O cadro de Sarria dominou en tódalas facetas do xogo, destacando as rápidas transicións.

Máis igualado foi o encontro entre o Ensino Lugo e o Viveiro, que se acabou levando o conxunto da capital. As ensinistas, que ocupan a segunda posición, comezaron levándose o primeiro cuarto, mais o equipo da Mariña apertou para igualar o marcador ao descanso. Na segunda comezou a dominar o Ensino, para finalmente levarse a vitoria por 43-53.

No cuarto lugar está o Cidade de Lugo, que conseguiu a cuarta vitoria da liga, gañando a domicilio ao Estudiantes. O partido estivo moi igualado durante os 40 minutos, pero os detalles na segunda metade déronlle a vitoria ao Cidade por 37-42.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 37 - 42 CIDADE DE LUGO

Estudiantes Lugo: Anne, Cecilia, Emma, Carla, Gema, Isabel, Isabel L, Clara, Eva e Lucía.
Cidade de Lugo: Laura, Sara, Sanna, Natalia, Nuria, Paula, Raquel, Ángela, Lucía, Noemí e María.
Parciais: 11-10/06-08/06-10/14-14.
Cancha: Anexo do Pazo.

SARRIA 97 - 42 CELTAS

CB Sarria: Lúa, Gabriela, Zoe, Celia, Uxía, Eva, Sara, Paula, Alejandra e Sara T.
Celtas: Marta, Lucía L, Lucía P, Lucía M, Antía e Paula. 
Parciais: 33-07/23-14/18-09/23-12.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

VIVEIRO 43 - 53 ENSINO LUGO

CB Viveiro: Sara, Julia, Beatriz, Martina, Paula, Helena, Srtéphanie, Andrea e Ana.
Ensino Lugo: Sara, Claudia, Elena, Uxía, Ainoa, Claudia, Idaira, Natalia e Noa.
Parciais: 12-15/13-09/09-15/09-14.
Cancha: Viveiro.

 

Resultados xornada 9

Estudiantes 37 42 Cidade de Lugo
Sarria 97 42 Celtas
Viveiro 43 53 Ensino

Próxima xornada

Ensino - - Sarria
Estudiantes - - Celtas
Viveiro - - Cidade de Lugo

 

Masculina 

Liga regular

No caso da masculina o liderado esta igualado, xa que o Estudiantes encabeza a clasificación pero ten os mesmos 16 puntos que o Sarria. Esta xornada o equipo celeste venceu ao Cidade de Lugo por 72-58, mentres que o cadro amarelo superou por só 8 puntos ao Celtas na casa. Con isto, aínda se poderían inverter as tornas a semana que ven. O Sarria, que ten o basketaverage á contra, debería gañar ao Ensino, mentres que o Estudiantes, que depende de si mesmo, enfrontarse contra o Celtas. No terceiro posto está o Cidade de Lugo, que ten 15 puntos, só un máis que o Celtas. 

O Ensino gañou esta fin de semana o seu primeiro encontro da liga regular. O fixeron na casa, nun partido moi competido contra o Viveiro, que grazas a un bo parcial de inicio, se acabou decantando ao seu favor. Os da Mariña chegaron a reducir moito a diferenza na segunda parte, pero se lles escapou o partido só por tres puntos.

Consulta a clasificación aquí

ENSINO 66 - 63 VIVEIRO

Ensino: Cristian, Erik, Joel, Carlos, Antonio, Roi, Samuel, Leo, Julián e Mauro.
CB Viveiro: Juan, Marcos, Samuel, Felipe, Alberto, Nicanor, Óscar e Francisco.
Parciais: 20-13/12-12/18-18/16-20.
Cancha: Anexo do Pazo.

SARRIA 78 - 70 CELTAS

CB Sarria: Slatel, Fausto, Martín, Xabelo, Christian, Sergio, Mateo, Álvaro, Brais e Álex.
Celtas Foz: Javier, Álvaro, Darío, Pedro, Nicolás, Esteban, Ethan, Esteban R, Christian, Iván e Álvaro.
Parciais: 21-18/16-20/24-12/17-20.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

ESTUDIANTES 72 - 58 CIDADE DE LUGO

Estudiantes Lugo: Bosco, Pablo, Antón, Derek, Martín, Julen, Iverson, Manuel, Esteban, Pablo e Mateo.
Cidade de Lugo: Ángel, Rubén, Marcos, Jorge, Iago, Miguel, Santiago, Héctor, Gonzalo, Óscar, Pablo e Diego.
Parciais: 22-08/17-19/18-16/15-15.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 9

Estudiantes 72 58 Cidade de Lugo
Sarria 78 70 Celtas
Ensino 66 63 Viveiro

Próxima xornada

Ensino - - Sarria
Estudiantes - - Celtas
Viveiro - - Cidade de Lugo