A Segunda júnior toma un respiro antes da sétima xornada

Polo momento, o Sarria lidera a clasificación tanto na categoría masculina, como na feminina, aínda que o Celtas ten partidos pendentes
Imaxe da última xornada entre o Estudiantes e o Sarria. Foto: Noelia Alpe
photo_camera Imaxe da última xornada entre o Estudiantes e o Sarria. Foto: Noelia Alpe

Feminina 

Liga regular

A Segunda júnior fixo unha parada na liga regular esta fin de semana. A categoría feminina está liderada polo Sarria, que despois de non conseguir o ascenso trala fase inverno, ten o punto de mira no ouro. Séguelle o Ensino Lugo no segundo posto, cun punto máis que o Cidade de Lugo, terceiro. No cuarto lugar está o Celtas, que ten un partido menos, ao igual que o Viveiro, que suma cinco puntos. Sete son os que suma o Estudiantes, quinto.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Cidade de Lugo - - Celtas
Ensino - - Estudiantes
Sarria - - Viveiro

 

Masculina 

Liga regular

Na categoría masculina tamén é o Sarria quen lidera a clasificación. Empatan a 10 puntos, no segundo e no terceiro posto, o Cidade de Lugo e o Estudiantes. Ao pé do podio está o Celtas de Foz, seguido do Viveiro e o Ensino, que teñen seis puntos cada un, malia que os dous equipos da Mariña teñen pendente un duelo.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Cidade de Lugo - - Celtas de Foz
Ensino - - Estudiantes
Sarria - - Viveiro