Emoción ata a última xornada na Segunda júnior masculina

O Celtas e o Sarria só se levan dous puntos e enfrontaranse na derradeira xornada da fase

Feminina Fase Inverno

Á Segunda júnior quédalle só unha xornada para despedirse da primeira fase. O Sarria, que xa ten confirmado o primeiro posto, impúxose esta fin de semana ao Ensino na casa. As amarelas romperon o partido no inicio grazas ao seu alto ritmo nas dúas partes do campo. A súas saídas en contraataque foron de manual, o que lles permitiu anotar moitas cestas sinxelas e pechar o marcador chegando aos 120 puntos. 

O Celtas gañou ao Viveiro no duelo mariñao por 54-38. Un choque no que as de Foz foron de menos a máis rompendo o partido no terceiro e último cuarto, no que conseguiron un parcial de 26-08.

Na capital, o Estudiantes e o Cidade de Lugo disputaron un duelo máis competido que acabou caendo do lado das visitantes. O partido comezou mellor para as celestes, pero foise igualado ao descanso. O Cidade abriu a fenda no marcador trala pausa e, aínda que as celestes se repuxeron no último cuarto, non conseguiron virar o taboleiro.

Consulta a clasificación aquí

CELTAS 54 - 38 VIVEIRO

Celtas: Lucía L, Lucía P, Marta, Lucía M, Antía e Paula. 
CB Viveiro: Sara, Julia, Beatriz, Paula, Leire, Helena, Noah e Ana.
Parciais: 12-17/02-06/14-07/26-08.
Cancha: Marzán.

SARRIA 120 - 52 ENSINO

CB Sarria: Lúa, Gabriela, Uxía, Eva, Claudia, Sara T, Paula e Sara T.
Ensino Lugo: Alejandra, Sara, Elena, Uxía, Ainoa, Carla, Aroa e Natalia.
Parciais: 32-13/26-11/34-11/28-17.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

ESTUDIANTES 56 - 59 CIDADE DE LUGO

Estudiantes Lugo: Anne, Cecilia, Emma, Carla, Gema, Isabel M, Isabel L, Clara, Eva e Lucía. 
Cidade de Lugo: Sanna, Natalia, Nuria, Paula, Ángela e María.
Parciais: 17-13/12-17/13-19/14-10.
Cancha: Guntín.

 

Resultados xornada 9

Estudiantes 62 81 Cidade de Lugo
Celtas 94 60 Viveiro
Sarria 90 59 Ensino

Próxima xornada

Viveiro - - Estudiantes
Sarria - - Celtas
Cidade de Lugo - - Ensino Lugo

 

Masculina Fase Inverno

Na masculina o Celtas non para e segue na cabeza trala vitoria contra o Viveiro. O duelo costeiro resolveuse cun marcador de 94-60 a favor dos de Foz. O Sarria podería ter esperanzas se lle gaña na xornada que ven, posto que esta se impuxo ao Ensino e segue pegado na clasificación.

O duelo celebrado no Novo Chanto estivo dominado dende o inicio polos locais, que saíron á pista con moita intensidade e se levaron o primeiro parcial por 28-08. Paso a paso aumentaron a distancia e remataron cun 90-59 sobre o electrónico.

O Cidade de Lugo foi quen de gañar ao Estudiantes a domicilio. Aínda que comezaron mellor os celestes, o resto dos cuartos caeron do lado do Cidade, que ao final se levou o partido cun taboleiro de 62-81.

Consulta a clasificación aquí 

CELTAS 94 - 60 VIVEIRO

Celtas Foz: Javier, Álvaro, Darío, Pedro, Mario, Nicolás, Brais, Esteban, Christian e Lucas.
CB Viveiro: Juan, Marcos, Alberto, Nicanor, Samuel, Pablo e Francisco.
Parciais: 20-18/23-18/23-09/28-15.
Cancha: Marzán.

ESTUDIANTES 62 - 81 CIDADE DE LUGO

Estudiantes Lugo: Simón, Pablo, Eloy, Antón, Martín, Julen, Pablo, Esteban, Pablo P e Mateo. 
Cidade de Lugo: Max, Ángel, Rubén, Rodrigo, Iago, Miguel, Héctor, Gonzalo, Pablo, Diego e Braian.
Parciais: 22-12/18-25/16-27/06-17.
Cancha: Pazo dos Deportes.

SARRIA 90 - 59 ENSINO

CB Sarria: Slatel, Fausto, Martín, Daniel, Christian, Sergio, Mateo, Álvaro, Brais e Álex.
Ensino: Cristian, Erik, Joel, Carlos, Alejandro, Antonio, Roi, Leo, Carlos, Julián e Mauro.
Parciais: 28-08/24-14/21-17/17-20.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

 

Resultados xornada 9

Estudiantes 56 59 Cidade de Lugo
Celtas Foz 54 38 Viveiro
Sarria 120 52 Ensino

Próxima xornada

Celtas Foz - - Viveiro
Estudiantes - - Cidade de Lugo
Sarria - - Ensino