O Burela deixa de estar invicto tras ser superado polo Ensino Lugo no derbi lucense

O choque celebrado na Mariña caeu do lado das da capital grazas a un segundo cuarto no que conseguiron un parcial de 06-23

Esta fin de semana a fase de ascenso feminina tivo derbi lucense e caeu do lado do Ensino.

Consulta as competicións aquí

Feminina

FASE DE ASCENSO

A fase de ascenso pasou o ecuador e esta vez o derbi lucense mudou de gañadoras. O Burela e o Ensino enfrontáronse no Vista Alegre e as locais comezaron levándose o primeiro parcial. As da capital provincial reaccionaron cunha defensa en zona que freou completamente ás laranxas, que deixaron de circular e penetrar as xogadoras ensinistas e recibiron un parcial de 06-23 no segundo período.  A segunda metade estivo máis igualada, pero os erros nos tiros de tres do Burela e a boa actuación no rebote das do Ensino déronlle a vitoria as locais por 56-68.

BURELA 56 - 68 ENSINO LUGO

Burela: Carla, Sara, Henar, Sara P, Aroa, Candela, Lucía, Cecilia e Paula.
Ensino Lugo: María, Noa, Carla, Idaira, Aroa, Lola, Alicia e Juliet.
Parciais: 17-15/06-23/17-14/16-16.
Cancha: Vista Alegre.
 
2º JÚNIOR FEMININA - FASE DE ASCENSO A

Resultados xornada 4

Burela 56-68 Ensino Lugo
Peleteiro 36-52 Baxi Ferrol

Próxima xornada

Peleteiro - Ensino Lugo
Baxi Ferrol - Burela

 

Masculina

Na categoría masculina o Hierros Ferreiro disputará a final da Copa Premium a vindeira xornada. Despois de gañar na semifinal ao Esclavas tócalle enfrontarse ao Compañía de María, segundo clasificado na liga regular do grupo B.

 
2º JÚNIOR MASCULINA - PLAY OFF COPA PREMIUM

Final (20/05)

Hierros Ferreiro - Compañía de María