O Hierros Ferreiro meteuse na final da Copa Premium e enfrontarase ao Compañía de María

Os lucenses superaron ao Esclavas na semifinal celebrada no Anexo do Pazo. Na feminina, o Estudiantes quedou eliminado tras perder co Culleredo na volta

O Hierros Ferreiro conseguiu meterse na final da Copa Premium masculina, mentres que o Estudiantes, na feminina, foi eliminado. Na fase de ascenso, o Burela gañou a domicilio e o Ensino caeu.

Consulta as competicións aquí

Masculina

A Copa Premium masculina celebrou esta fin de semana as semifinais e Hierros Ferreiro conseguiu meterse na final. Os lucenses enfrontáronse coma locais contra o Esclavas e fixeron un moi bo partido contra un grande rival. Os visitantes comezaron por riba no marcador, xa que contaban cun quinteto moi equilibrado. Aínda así o equipo de Lugo foi reaccionando e grazas aos contraataques acabaron o cuarto mandando no marcador. No segundo cuarto o Hierros dominou o xogo cunha grande actitude ofensiva e fóronse por riba ao descanso. Tralo paso polos vestiarios os lucenses aumentaron a intensidade e foron capaces de disparar o marcador. No derradeiro cuarto o Esclavas freou o xogo cunha defensa en zona e o cadro de Rubén Engroba apostou por posesións largas e aguantar o marcador para levarse a vitoria. Na final, enfrontaranse contra o Compañía de María, que eliminou ao Básquet Coruña cun resultado de 71-66.

HIERROS FERREIRO 72 - 59 ESCLAVAS

Hierros Ferreiro: Sergio, Alexis, Yishak, Gabriel, Roi, Jorge, Néstor, Martín, Víctor e David. 
Esclavas: Román, Gabriel, Javier A, Javier B, Iago, Joaquín, Daniel, Juan, José, Aarón, Miguel e Lucas.
Parciais: 18-17/21-13/24-08/09-21.
Cancha: Anexo do Pazo.
 
2º JÚNIOR MASCULINA - PLAY OFF COPA PREMIUM

Semifinais

Hierros Ferreiro 72-59 Esclavas
Básquet Coruña 71-66 Compañía de María

Final

Hierros Ferreiro - Compañía de María

 

Feminina

FASE DE ASCENSO

Na fase de ascenso feminina, o Burela segue invicto e esta xornada superou ao Peleteiro. As lucenses xogaron un bo partido con intensidade e boa circulación do balón. No segundo cuarto a lesión de Henar resentiu ao equipo e ademais as rivais impuxeron unha zona complicada. No último cuarto as laranxas recuperaron a Henar e apareceu Sara Pereira que anotou tres triplas e en dúas entradas para pechar o partido cun resultado de 44-56.

O Ensino Lugo caeu derrotado contra o Baxi Ferrol por 64-42. As lucenses competiron moi ben na primeira metade, xogando ben sen balón e anotando con fluidez, ademais de poñer en apuros ás rivais a través da defensa. No terceiro cuarto as locais elevaron moito o nivel físico e castigaron ás de Lugo con contraataques. Ao final, a fatiga pesou no banco do Ensino e varias perdas e despistes fixeron que a derrota fora máis avultada do que merecían.

BAXI FERROL 64 - 42 ENSINO LUGO

Baxi Ferrol: Isabella, María, Lucía, María, Shara, María P, Carla e Celia.
Ensino Lugo: Emma, María, Carla, Idaira, Aroa, Alicia e Juliet.
Parciais: 13-15/15-10/21-07/15-10.
Cancha: Esteiro.

 PELETEIRO 44 - 56 BURELA

Peleteiro: Paula, Xiana, Lucía, Cristina, Carla, Carmen, Sofía e Rocío.
Burela: Sara, Henar, Sara P, Aroa, Candela, Lucía, Cecilia e Paula.
Parciais: 08-20/10-14/17-07/09-15.
Cancha: Montouto.
 
2º JÚNIOR FEMININA - FASE DE ASCENSO A

Resultados xornada

Baxi Ferrol 64-42 Ensino Lugo
Peleteiro 44-56 Burela

Próxima xornada

Burela - Ensino Lugo
Peleteiro - Baxi Ferrol

 

PLAY OFF COPA PREMIUM

O Estudiantes despediuse da Copa Premium despois de caer de novo contra o Culleredo. As celestes disputaron o duelo de volta das semifinais e caeron por 59-43. Aínda que non estiveron preto da remontada, pois na ida caeron por 39-54, fixeron un bo partido e remataron a competición cun bo sabor de boca. O Estudiantes estivo intenso en defensa, controlando o rebote e movendo o balón. No último cuarto baixaron un pouco o nivel fisicamente, o que fixo que perderan balóns e o Culleredo encontrara cestas fáciles.

CULLEREDO 59 - 43 ESTUDIANTES

Culleredo: Celia, Clara, Alba, Estela, Soraya, Zaira, Irena, Lucía, Paula e Iria.
Estudiantes Lugo: Leyre, Pilar, Carmen, Naiara, Cristina, Carolina, Maria, Daniela, María e Daniela G.
Parciais: 14-09/15-13/12-13/18-08.
Cancha: Sofía Casanova.

 

2º JÚNIOR FEMININA - PLAY OFF COPA PREMIUM

Semifinais Ida

Estudiantes 39-54 Culleredo
Básquet Coruña 73-58 Montrove

Semifinais Volta

Culleredo 59-43 Estudiantes
Montrove 78-73 Básquet Coruña

Final

Culleredo - Básquet Coruña