O Hierros Ferreiro lévase o titulo de campión provincial e o Ribadeo reencóntrase coa vitoria

Ambos os dous equipos lucenses gañaron esta fin de semana, ao igual que o Sarria e o Estudiantes, que empatan a 17 puntos co Cidade

O Hierros Ferreiro conseguiu certificar matematicamente o título de campión provincial a falla de tres xornadas para o remate da fase. O Ría de Ribadeo e o Sarria, completan o podio da zonal masculina polo momento.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

A masculina xa ten dono, despois de que o Hierros Ferreiro gañase ao Sarria na casa. Nun partido no que ambos equipos se presentaban con baixas claves, o partido comezou moi igualado, pero os amarelos baixaron o ritmo no rebote antes do descanso e iso favoreceu aos locais. No terceiro período volveu a pelexarse no marcador, pero o Hierros sacou a súa mellor cara no último período metendo moitas cestas en segundas opcións e levándose o partido por 84-64. A vitoria certifica o primeiro posto para os da capital provincial a falla de tres xornadas de rematar a primeira fase. O Sarria mantense polo momento no terceiro posto e o segundo é do Ribadeo, que se recuperou da derrota da xornada pasada vencendo ao Basket Ferrol na Mariña. Os locais conseguiron superar a defensa en zona dos rivais, chegando a anotar 12 triplas, das que sete foron de Alex. O Ría subiu liñas defensivas e desgastaron aos de Ferrol para conseguir levarse unha boa vitoria.

No caso do Estudiantes, quinto, conseguiu tamén o triunfo ante o Narón Naranja. Aínda que os de Lugo comezaron o duelo por debaixo no marcador, un terceiro cuarto impresionante, no que deixaron aos locais cun parcial de 09-27 deulles a vitoria. Os celestes empatan a 17 puntos co Cidade de Lugo, cuarto clasificado. Esta xornada se lles escapou o partido contra o Costa Ártabra por tan só un punto.

NARÓN NARANJA 65 - 74 ESTUDIANTES

Narón Naranja: Antón, Roberto, Daniel, Yasmel, Ricardo, Martín, Raúl e Juan.
Estudiantes Lugo: Daniel, Bernal, Antón, Adrián, Diego, Santiago, Samuel, Martín, Diego, Mateo, Ismael e Leo.
Parciais: 18-13/24-23/09-27/14-11.
Cancha: Campo da Serra.

HIERROS FERREIRO 84 - 64 SARRIA

Hierros Ferreiro: Sergio, Alexis, Yishak, Gabriel, Roi, Pablo, Jorge, Néstor, Martín, Victor e David.
CB Sarria: Slatel, Xavier, Martín, Sergio, Xabelo, Christian, Antón, Izam, Urko, Uxío e Brais.
Parciais: 19-18/22-13/19-24/24-09.
Cancha: Pazo dos Deportes.

RIA DE RIBADEO 74 - 43 BASKET FERROL

Ría de Ribadeo: Daniel, Pedro, Juan, Lucas, Alejandro, Iván, Jorge, Iker, Iago, Bruno, Martín, Adrián e Andrés.
Basket Ferrol: Lois, Pedro, Alejandro, Ismael, Javier, Carlos, Pablo, Javier, Raúl, Daniel, Cosme e Guillermo.
Parciais: 16-10/4-10/20-14/24-9.
Cancha: Pavillón Grande de Ribadeo.

COSTA ÁRTABRA 62 - 61 CIDADE DE LUGO

Costa Ártabra: David, Álvaro, Sergio, Lucas, Izzan, Noe, Antón, Adrián, Miguel, Santiago, Saúl, Joel e Miguel.
Cidade de Lugo: Ignacio, Miguel, Rodrigo, Anxo, Iago, Santiago, Rubén, Manuel, Marcos, Diego, Miguel e Adrián.
Cancha: A Malata.

 

 
2ª JÚNIOR MASCULINA - GRUPO C

Resultados xornada 11

Narón Naranja 65-74 Estudiantes
Ría de Ribadeo 74-43 Basket Ferrol
Hierros Ferreiro 84-64 Sarria
Costa Ártabra 62-61 Cidade de Lugo

Próxima xornada

Sarria - Ría de Ribadeo
Cidade de Lugo - Hierros Ferreiro
Costa Ártabra - Narón Naranja
Basket Ferrol - Estudiantes
 

Feminina

Na feminina o Burela volveu encontrarse coa vitoria, pero está a vivir un momento baixo. As laranxas superaron ao Montrove nun partido no que foron sempre por diante no marcador, pero no que tiveron bastantes altibaixos. Ao final, ían gañando de nove puntos a falla de un minuto, pero permitiron un tiro de tres puntos que recortou a diferencia da vitoria. O Ensino Lugo conseguiu tamén os dous puntos esta xornada. As lucenses gañaron a domicilio ao Culleredo nun choque moi competido que mataron no último período para levarse un marcador de 52-58.

No caso da Copa Premium, os dous representantes da provincia tamén se levaron o triunfo. O Estudiantes superou ao Arteixo coma visitante, nun partido con bastantes erros na primeira metade. Dende o segundo cuarto, melloraron en defensa e no control en rebote, co que sacaron as primeiras vantaxes claras. Tralo paso polos vestiarios dominaron o partido ata levarse o marcador. Pola parte do Cidade de Lugo, conseguiu os dous puntos nun duelo moi igualado contra Los Rosales. Fóronse ao descanso por riba no marcador, pero as visitantes apertaron o encontro e o choque decidiuse nos minutos finais a favor das lucenses.

MONTROVE 47 - 50 BURELA

Montrove: Noa, Mar, Rosa, Noelia, Matilda, Ana, Candela, Clara e Paula.
Burela: Carla, Henar, Sara, Aroa, Candela, Lucía e Paula.
Parciais: 12-11/07-17/10-14/18-08.
Cancha: Canide Mera.

CULLEREDO 52 - 58 ENSINO LUGO

Culleredo: Celia, Clara, Alba, Soraya, Zaira, Irene, Lucía, Iria e Carla.
Ensino Lugo: María, Noa, Sara, Ainoa, Carla, Idaira, Aroa, Laura e Juliet.
Parciais: 11-16/11-13/16-10/14-19.
Cancha: O Burgo.

CIDADE DE LUGO 52 - 50 LOS ROSALES

Cidade de Lugo: Laura, Demekech, Sabela, Lucía, Ana, Carla, Sara, Sanna e Ángela.
Los Rosales: Antía, Candela, Carolina, Claudia, Alicia, Sabela, Adriana, Iria, Lola, Abigail e Marta.
Parciais: 09-09/18-14/11-20/14-07.
Cancha: Anexo do Pazo.

ARTEIXO 21 - 51 ESTUDIANTES

CB Arteixo: Elisa, Sofía, Xoana, Antía, Alba, Icia, Gloria, Paloma e Sabela.
Estudiantes Lugo: Leyre, Pilar, Carmen, Naiara, Cristina, Carolina, María, Daniela, María e Daniela G.
Parciais: 03-07/07-19/04-14/07-11.
Cancha: Pazo dos Deportes.

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - 2ª FASE

Resultados xornada 8

Culleredo 51-58 Ensino Lugo
Montrove 47-50 Burela
Baxi Ferrol 73-25 Básquet Coruña
Artai 55-50 Tirso de Molina

Próxima xornada

Ensino Lugo - Artai
Básquet Coruña - Montrove
Tirso de Molina - Baxi Ferrol
Burela - Culleredo

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 8

Betanzos 79-43 Pontumio
Esclavas 62-21 Obradoiro
Cidade de Lugo 52-50 Los Rosales
Arteixo 21-51 Estudiantes

Próxima xornada

Los Rosales - Esclavas
Obradoiro - Betanzos
Estudiantes - Cidade de Lugo
Pontumio - Arteixo