O Sarria achégase ao Ría de Ribadeo ao gañarlle na casa

Os amarelos leváronse un dos dous encontros lucenses da xornada, o outro foi vencido polo Hierros Ferreiro, xa proclamado campión provincial

Co liderado xa decidido na masculina, os focos puxéronse no encontro entre o Sarria e o Ría de Ribadeo, que acabaron levándose os amarelos por só dous puntos. Na feminina, o Ensino pasoulle por riba ao Burela na clasificación.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Hierros Ferreiro mantense invicto, pero esta xornada custoulle levarse a vitoria contra o Cidade de Lugo. O duelo comezou con baixa anotación, pero no segundo cuarto os de Rubén Engroba corrixiron erros e foron capaces de meter máis puntos que os rivais. No terceiro cuarto o Hierros non saíu nada ben, mentres que o Cidade pechouse en defensa e conseguiu levarse o parcial. O último cuarto foi un intercambio de cestas constante e o duelo decantouse a favor dos visitantes grazas ao acerto nos tiros libres.

No segundo posto segue o Ría de Ribadeo, pero o Sarria achegouse a un punto na clasificación despois de vencerlles na casa. Coma o partido de ida, foi un duelo moi intenso e emocionante. Os locais estiveron moi acertados no tiro exterior, anotando 13 triplas que llo puxeron complicado aos da Mariña. A falla de catro minutos para o final o Ribadeo perdía de 10 puntos, pero foron capaces de poñerse un punto por riba. Nos derradeiros intres, o Sarria volveu apoderarse do marcador e rematou vencendo por 73-31.

O Estudiantes empata a 19 puntos cos amarelos. Esta fin de semana gañou coma visitante ao Basket Ferrol. Dende o inicio os celestes mandaron no taboleiro, cun resultado ao descanso de 17-27. A saída tralo intermedio non foi a mellor, e o parcial do terceiro período caeu do lado dos locais. Aínda así o Estudiantes adminsitrou a vantaxe sen problema ata levarse o triunfo por 43-52. 

CIDADE DE LUGO 62 - 69 HIERROS FERREIRO

Cidade de Lugo: Tomás, Miguel, Diego, Rodrigo, Iago, Miguel P, Miguel C, Santiago, Manuel, Adrián, Ignacio e Braian.
Hierros Ferreiro: Sergio, Alexis, Yishak, Gabriel, Roi, Pablo, Jorge, Néstor, Martín, Víctor e David.
Parciais: 14-16/14-22/15-12/19-19.
Cancha: Frigsa.

SARRIA 73 - 71 RIBADEO

CB Sarria: Slatel, Xavier, Martín, Sergio, Xabelo, Christian, Antón, Izam, Urko, Uxío e Brais.
Ría de Ribadeo: Pedro, Iago, Jorge, Iván, Daniel, Martín, Juan, Lucas, Alejandro e Iker.
Parciais: 17-19/23-22/18-15/15-15.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

BASKET FERROL 43 - 52 ESTUDIANTES

Basket Ferrol: Javier, Pablo, Cosme, Alejandro, Pedro, Antón, Ismael e Daniel.
Estudiantes Lugo: Daniel, Bernal, Antón, Adrián, Diego, Santiago, Samuel, Martín, Diego D, Mateo, Ismael e Leo.
Parciais: 06-13/11-14/12-10/14-15.
Cancha: Esteiro.

 

 
2ª JÚNIOR MASCULINA - GRUPO C

Resultados xornada 12

Sarria 73-71 Ría de Ribadeo
Cidade de Lugo 62-69 Hierros Ferreiro
Costa Ártabra A Narón Naranja
Basket Ferrol 43-52 Estudiantes

Próxima xornada

Basket Ferrol - Narón Naranja
Estudiantes - Sarria
Ría de Ribadeo - Cidade de Lugo
Hierros Ferreiro - Costa Ártabra

 

Feminina

Na feminina, o Ensino púxose por diante do Burela na clasificación. As laranxas seguen nunha xeira de fochancas e caeron na casa contra o Culleredo. Faltoulles intensidade defensiva, permitiron que as rivais circularan o balón con facilidade e pecaron de individualidades. Estes erros fixeron que, malia ter unha boa reacción no segundo tempo, quedaran con só un punto.

Pola contra o Ensino acumula bos resultados e esta semana venceu ao Artai. As de Lugo non fixeron unha gran saída á pista, pero co paso dos minutos foron crecendo ata poñerse por diante na segunda parte e pechar o partido cun derradeiro parcial de 24-10.

Na Copa Premium o Estudiantes e o Cidade de Lugo adiaron o seu derbi desta semana, que xogarán o vindeiro mes de marzo. Polo momento, o Cidade ocupa o terceiro posto da clasificación, seguido do Estudiantes, cuarto.

BURELA 61 - 63 CULLEREDO

Burela: Carla, Henar, Sara, Candela, Lucía, Cecilia e Paula.
Culleredo: Celia, Alba, Estela, Soraya, Zaira, Irene, Lucía, Iria, Carla e Suevia.
Parciais: 09-21/11-17/20-12/21-13.
Cancha: Vista Alegre.

ENSINO LUGO 60 - 41 ARTAI

Ensino Lugo: Emma, María, Noa, Sara, Carla, Idaira, Aroa, Laura, Alicia e Juliet.
Artai: Elena, Nerea, Noemi, Claudia, Irene, Alba e Iria.
Parciais: 12-10/09-12/15-09/24-10.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - 2ª FASE

Resultados xornada 9

Ensino Lugo 60-41 Artai
Básquet Coruña A Montrove
Tirso de Molina 35-86 Baxi Ferrol
Burela 61-63 Culleredo

Próxima xornada

Burela - Ensino Lugo
Culleredo - Básquet Coruña
Montrove - Tirso de Molina
Baxi Ferrol - Artai

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 9

Pontumio 39-62 Arteixo
Estudiantes A Cidade de Lugo
Los Rosales 38-57 Esclavas
Obradoiro 30-67 Betanzos

Próxima xornada 

Obradoiro - Pontumio
Betanzos - Los Rosales
Esclavas - Estudiantes
Cidade de Lugo - Arteixo