O Celtas gaña o derbi pendente contra o Viveiro

A Segunda júnior descansou esta fin de semana pero na categoría feminina aproveitaron para saldar contas
Imaxe de arquivo do duelo entre o Cidade de Lugo e o Sarria. Foto: Fernando Lugilde
photo_camera Imaxe de arquivo do duelo entre o Cidade de Lugo e o Sarria. Foto: Fernando Lugilde

Feminina 

Liga regular

Esta fin de semana non houbo xornada para a Segunda júnior, máis resolveuse o partido pendente entre o Viveiro e o Celtas na feminina. As de Foz leváronse a vitoria na casa do outro equipo mariñao cun resultado de 39-49. O duelo, celebrado o mércores, comezou mellor para as visitantes, que lograron irse ao descanso por diante.

Na segunda metade o terceiro parcial tamén caeu para o Celtas. O Viveiro apertou ao final e encontrou mais situacións de ataque, pero non puido paliar a diferenza e rematou sendo derrotado. Con isto, o Celtas suma 13 puntos no terceiro posto e o Viveiro oito no último lugar da lista.

Consulta a clasificación aquí

VIVEIRO 39 - 49 CELTAS

CB Viveiro: Sara, Julia, Beatriz, Martina, Paula, Helena, Stéphanie, Andrea e Ana.
Celtas: Sara, Marta, Lucía, Lucía P, Cecilia, Marta, Lucía M, Antía e Paula.
Parciais: 09-12/08-14/07-11/15-12.
Cancha: Viveiro.

 

Resultado partido pendente xornada 6

Viveiro 39 49 Celtas

 

Próxima xornada

Estudiantes - - Cidade de Lugo
Sarria - - Celtas
Viveiro - - Ensino

 

Masculina 

Liga regular

Na categoría masculina o Viveiro e o Celtas tamén teñen pendente o seu enfrontamento, mais celebrarano o día 17 de abril. Ata o momento a clasificación ten un triplo empate no podio a 14 puntos entre o Sarria, o Cidade de Lugo e o Estudiantes. Detrás deles están o Celtas, o Viveiro e o Ensino.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Estudiantes - - Cidade de Lugo
Ensino - - Viveiro
Sarria - - Celtas de Foz