Despois de dúas semanas de ausencia, volve a Segunda júnior

O Sarria pasou dos cen puntos no partido da feminina contra o Cidade de Lugo, mentres que na masculina o Celtas conseguiuno na masculina

Feminina 

Liga regular

Despois de dúas semanas de ausencia do baloncesto júnior provincial, a liga regular volveu a andar coa celebración da xornada número oito. A categoría feminina segue liderada polo Sarria, que esta xornada pasou dos 100 puntos contra o Cidade de Lugo. As amarelas viron o aro con moita facilidade, sobre todo nos dous primeiros cuartos. As rápidas transicións, sumadas a unha boa defensa de axudas fixo que se levaran comodamente o partido.

Con dous puntos menos que as de Sarria está o Ensino, que conseguiu a sexta vitoria superando ao Celtas. O partido celebrado na Mariña estivo competido, pero un empuxón das da capital no segundo cuarto fixo que se foran por diante ao descanso. Á volta apertou o Celtas, pero o Ensino volveu mandar o marcador ata levarse a vitoria por 55-61.

O Estudiantes conseguiu a segunda  vitoria da liga superando ao Viveiro, que aínda non viu os dous puntos. As celestes saíron mellor á pista, o que condicionou o partido dende o inicio. O Viveiro conseguiu levarse o segundo e terceiro parcial, pero o Estudiantes volveu repoñerse no último cuarto para gañar cunha diferenza de dez puntos.

Consulta a clasificación aquí

CIDADE DE LUGO 53 - 106 SARRIA

Cidade de Lugo: Laura, Sara, Sanna, Estrella, Natalia, Nuria, Paula, Raquel, Ángela, Noemí e María.
CB Sarria: Lúa, Gabriela, Uxía, Eva, Sara, Paula, Alejandra e Sara T.
Parciais: 12-35/09-26/17-25/15-20.
Cancha: Anexo do Pazo.

ESTUDIANTES 50 - 40 VIVEIRO

Estudiantes: Emma, Carla, Gema, Isabel M, Isabel L, Clara e Lucía.
CB Viveiro: Sara, Julia, Beatriz, Martina, Paula, Helena, Stéphanie, Andrea e Ana.
Parciais: 18-09/07-11/08-12/17-08.
Cancha: Anexo do Pazo.

CELTAS 55 - 61 ENSINO

Celtas: Sara, Marta, Lucía L, Lucía P, Cecilia, Marta, Lucía, Antía e Paula.
Ensino Lugo: Claudia, Idaira, Elena, Ainoa, Uxía, Natala e Noa.
Parciais: 14-14/12-22/16-08/13-17.
Cancha: Marzán.

 

Resultado xornada 8

Estudiantes 53 106 Viveiro
Celtas 50 40 Ensino
Cidade de Lugo 55 61 Sarria

Próxima xornada

Estudiantes - - Cidade de Lugo
Sarria - - Celtas
Viveiro - - Ensino

 

Masculina 

Liga regular

Na categoría masculina houbo diferentes gañadores. O Celtas de Foz foi quen se pasou dos cen puntos no seu duelo contra o Ensino. Dende o inicio controlaron o partido e acabaron levándose unha merecida vitoria grazas ao seu acerto en ataque (109-74). 

O Sarria, neste caso, foi derrotado polo Cidade de Lugo. Un gran parcial de inicio do Cidade púxolle as cousas complicadas ao cadro amarelo, que o intentou cunha mellor actuación nos seguintes dous períodos. Ao final, un último parcial de 15-09 deulles a vitoria aos da capital. Os de Sarria seguen líderes, pero o Cidade igualoulles a 14 puntos.

O duelo no que si se repetiu gañador foi o Estudiantes-Viveiro, onde neste caso tamén se levou o triunfo o club celeste. O equipo local dominou en tódolos cuartos e, aínda que no último relaxouse un pouco máis, o triunfo foi seu cun marcador de 65-54.

Consulta a clasificación aquí

CELTAS DE FOZ 109 - 74 ENSINO

Celtas de Foz: Javier, Álvaro, Dario, Pedro, Mario, Nicolás, Ethan, Esteban, Christian, Iván e Lucas.
Ensino: Joel, Carlos, Roi, Antonio, Samuel, Cristian, Julián, Erik, Leo e Mauro.
Parciais: 29-20/26-11/27-20/27-23.
Cancha: Marzán.

CIDADE DE LUGO 64 - 53 SARRIA

Cidade de Lugo: Max, Rubén, Rodrigo, Marcos, Jorge, Miguel, Santiago, Héctor, Gonzalo, Óscar, Diego e Braian.
CB Sarria: Slatel, Fausto, Martín, Xabelo, Christian, Sergio, Mateo, Álvaro, Brais e Alex.
Parciais: 20-08/13-14/16-22/15-09.
Cancha: Anexo do Pazo.

ESTUDIANTES 65 - 54 VIVEIRO

Estudiantes: Bosco, Pablo, Antón, Derek, Martín, Julen, Iverson, Manuel, Esteban e Pablo.
CB Viveiro: Juan, Marcos, Samuel, Alberto, Nicanor, Óscar e Francisco.
Parciais: 23-16/18-17/11-07/13-14.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 8

Estudiantes 65 54 Viveiro
Celtas de Foz 109 74 Ensino
Cidade de Lugo 64 53 Sarria

Próxima xornada

Estudiantes - - Cidade de Lugo
Ensino - - Viveiro
Sarria - - Celtas de Foz