O Ensino e o Estudiantes aproveitaron o descanso para xogar o seu duelo

Comezaron as vacacións por Semana Santa na competición provincial a falta de tres xornadas para o fin da liga regular

Feminina 

Liga regular

A Segunda júnior comezou o descanso por Semana Santa ata o mes de abril. Porén, o Ensino e o Estudiantes aproveitaron que non había xornada para celebrar o seu duelo pendente da pasada fin de semana. Os dous conxuntos da capital enfrontáronse o mércores no Anexo do Pazo e a vitoria caeu para as ensinistas. O equipo local amosou a súa superioridade dominando en ambos os lados da pista hasta levarse o triunfo cun marcador de 61-37. 

O partido deixou ao Ensino no segundo posto da clasificación, a dous puntos do Sarria, que lidera a lista con sete vitorias en sete partidos. No terceiro posto está o Celtas, empatado a 10 puntos co Cidade de Lugo. O Estudiantes e o Viveiro suman 8 e 8, respectivamente.

Consulta a clasificación aquí

ENSINO LUGO 61 - 37 ESTUDIANTES

Ensino Lugo: Sarai, Nadia, Claudia, Elena, Uxía, Ainoa, Idaira, Natalia, Noa e Alicia.
Estudiantes Lugo: Anne, Cecilia, Emma, Carla, Gema, Isabel, M, Isabel L, Clara, Eva e Lucía.
Parciais: 13-04/19-15/19-06/10-12.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultado partido pendente xornada 7

Ensino 61 37 Estudiantes

Próxima xornada

Estudiantes - - Viveiro
Celtas - - Ensino
Cidade de Lugo - - Sarria

 

Masculina 

Liga regular

Na categoría masculina o descanso chegou tamén co Sarria na cabeza, con 13 puntos. Empatan a 12 o Cidade de Lugo, segundo clasificado, e o Estudiantes, que é terceiro polo momento. No número catro está o Celtas, seguido do Viveiro, os dous teñen pendente o seu encontro. O Ensino é último ao non conseguir polo momento ningún triunfo.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Estudiantes - - Viveiro
Celtas de Foz - - Ensino
Cidade de Lugo - - Sarria