A Segunda júnior celebrou a derradeira xornada de marzo

A competición volverá o mes que vén e tan só quedan tres partidos para o final da Liga

Feminina 

Liga regular

Á Segunda júnior só lle quedan tres partidos de liga por disputar no mes de abril. O Sarria continúa invicto despois de superar na casa a un Viveiro moi mellorado. As amarelas saíron frías á pista, algo que aproveitou o rival para poñelas en apuros. Dende o segundo cuarto o partido decantouse para o lado das locais, que comezaron a impoñer as súas rápidas transicións, o que, xunto co bo acerto exterior e a grande actividade defensiva, fíxolles romper o partido.

A outra vitoria da xornada caeu do lado do Celtas de Foz, que suma así dez puntos. As da Mariña enfrontáronse contra o Cidade de Lugo a domicilio e o choque comezou moi igualado, con vantaxes a cada lado do marcador. A segunda metade comezou parecida, pero un moi bo último cuarto do Celtas deulles finalmente a vitoria cunha diferenza de só cinco puntos.

O Ensino Lugo e o Estudiantes adiaron o seu partido para o vindeiro mércores e celebrarase ás 20:45 no Anexo do Pazo.

Consulta a clasificación aquí

SARRIA 89 - 40 VIVEIRO

CB Sarria: Lúa, Gabriela, Celia, Uxía, Eva, Sara, Paula, Alejandra e Sara.
CB Viveiro: Sara, Beatriz, Helena, Stéphanie, Andrea e Ana.
Parciais: 16-06/25-15/24-11/24-08.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

CIDADE DE LUGO 44 - 50 CELTAS

Cidade de Lugo: Laura, Sara, Sanna, Natalia, Nuria, Paula, Raquel, Ángela, Lucía, Noemí e María.
Celtas: Sara, Marta, Lucía, Lucía L, Cecilia, Marta, Lucía M, Antía e Paula. 
Parciais: 07-09/16-11/11-12/10-18.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 7

Cidade de Lugo 44 50 Celtas
Ensino A Estudiantes
Sarria 89 40 Viveiro

Próxima xornada

Estudiantes - - Viveiro
Celtas - - Ensino
Cidade de Lugo - - Sarria

 

Masculina 

Liga regular

Na categoría masculina tamén é o Sarria quen lidera polo momento a competición. Os amarelos gañaron ao Viveiro no duelo celebrado no Pavillón do Chanto. Aínda que o primeiro cuarto estivo competido o segundo deixou un parcial de 12 puntos a favor dos amarelos que foi clave. O Viveiro seguiu pelexando, pero o marcador final foi de 85-69. 

O Cidade de Lugo ocupa a segunda posición despois de superar ao Celtas na casa. Este duelo foi máis igualado co da ida, pois os de Lugo mantivéronse por diante no marcador, pero con pouca diferenza cos de Foz. Ao final seis puntos de diferencia a favor do Cidade déronlle o triunfo.

O Estudiantes levouse a vitoria máis avultada da xornada. Os celestes amosaron a súa superioridade e acabaron vencendo ao Ensino cun taboleiro de 47-100.

Consulta a clasificación aquí

CIDADE DE LUGO 76 - 70 CELTAS

Cidade de Lugo: Max, Ángel, Rubén, Jorge, Iago, Miguel, Santiago, Héctor, Gonzalo, Pablo, Diego e Braian.
Celtas Foz: Javier, Álvaro, Darío, Pedro, Mario, Nicolás, Ethan, Esteban, Christian, Iván e Lucas.
Parciais: 20-18/15-11/23-28/18-13.
Cancha: Anexo do Pazo.

SARRIA 85 - 69 VIVEIRO

CB Sarria: Slatel, Fausto, Martín, Daniel, Xabelo, Christian, Sergio, Mateo, Álvaro, Brais e Alex.
CB Viveiro: Juan, Marcos, Samuel, Felipe, Alberto, Nicanor, Óscar e Francisco.
Parciais: 15-12/32-20/16-17/22-20.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

ENSINO 47 - 100 ESTUDIANTES

Ensino: Cristian, Erik, Joel, Antonio, Roi, Samuel, Leo, Julián e Mauro.
Estudiantes Lugo: Bosco, Pablo, Antón, Derek, Martín, Julen, Iverson, Manuel, Esteban, Pablo e Mateo.
Parciais: 07-22/19-25/10-32/11-21.
Cancha: Frigsa.

 

Resultados xornada 7

Cidade de Lugo 76 70 Celtas de Foz
Ensino 47 100 Estudiantes
Sarria 85 69 Viveiro

Próxima xornada

Estudiantes - - Viveiro
Celtas de Foz - - Ensino
Cidade de Lugo - - Sarria