O Sarria levouse os dous duelos a domicilio contra o Estudiantes

Na feminina, a vitoria foi máis avultada, mentres que na masculina o choque puido caer para calquera, pero o triunfo amarelo os puxo na cabeza

Feminina 

Liga regular

O Sarria continúa invicto unha xornada máis despois de superar ao Estudiantes na súa pista. As amarelas foron capaces de romper o partido dende o inicio cun alto ritmo nas transicións e vendo o aro con moita facilitade. O cadro visitante estivo moi activo na defensa, o que impediu ás lucenses atacar con facilidade e deixando o marcador cun definitivo 31-89.

No caso do Cidade de Lugo, segue nunha boa senda despois de superar ao Ensino, segundo clasificado. O inicio estivo moi igualado, pero o segundo cuarto decantouse para as locais, cun parcial de 11-02. Á volta do descanso as ensinistas conseguiron momentos mellores, pero no último cuarto as do Cidade conseguiron afastarse ata pechar o resultado cunha diferenza de 14 puntos.

Tanto na feminina, coma na masculina, o encontro entre o Viveiro e o Celtas de Foz foi adiado.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 31 - 89 SARRIA

Estudiantes: Anne, Cecilia, Emma, Carla, Gema, Isabel, Isabel L, Clara, Eva e Lucía.
CB Sarria: Lúa, Gabriela, Uxía, Eva, Claudia, Sara, Paula e Sara T.
Parciais: 01-23/13-18/11-21/06-27.
Cancha: Anexo do Pazo.

CIDADE DE LUGO 50 - 36 ENSINO

Cidade de Lugo: Laura, Sara, Sanna, Estrella, Paula, Natalia, Nuria, Paula, Ángela, Noemí e María.
Ensino: Sara, Claudia, Elena, Uxía, Ainoa, Claudia, Natalia e Antía.
Parciais: 13-13/11-02/08-11/18-10.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 6

Estudiantes 31 89 Sarria
Viveiro A Celtas
Cidade de Lugo 50 36 Ensino

Próxima xornada

Celtas - - Cidade de Lugo
Ensino - - Estudiantes
Sarria - - Viveiro

 

Masculina 

Liga regular

Na categoría masculina o Sarria conseguiu poñerse á cabeza da clasificación despois de gañar, por só tres puntos ao Estudiantes. O partido celebrado no Pazo dos Deportes estivo moi igualado durante os 40 minutos, no inicio as primeiras vantaxe foron dos celestes, máis no segundo e terceiro cuarto o Sarria apertou. Todo quedaba aberto no último período e o acerto dos amarelos permitiulles levarse o triunfo cun marcador de 46-49.

Nesta lista o terceiro clasificado é o Cidade de Lugo, que superou tamén ao Ensino nesta categoría. A igualdade mandou na primeira metade, na que os ensinistas se foron ao descanso por riba por moi pouco. Na segunda metade todo mudou, o Cidade de Lugo meteuse no partido cun parcial de 20-08 no terceiro período e desbordou a cesta dos rivais no último cuarto, anotando máis de 30 puntos para levarse o triunfo (76-48).

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 46 - 49 SARRIA

Estudiantes Lugo: Bosco, Pablo, Antón, Derek, Martín, Julen, Iverson, Manuel, Esteban, Pablo e Mateo.
CB Sarria: Slatel, Fausto, Martín, Daniel, Xabelo, Christian, Sergio, Mateo, Álvaro, Brais e Alex.
Parciais: 11-07/12-13/14-16/09-13.
Cancha: Pazo dos Deportes.

CIDADE DE LUGO 76 - 48 ENSINO

Cidade de Lugo: Max, Ángel, Rodrigo, Marcos, Jorge, Iago, Santiago, Gonzalo, Óscar, Pablo, Diego e Braian.
Ensino: Cristian, Erik, Joel, Carlos, Alejandro, Antonio, Roi, Samuel, Leo, Julián e Mauro.
Parciais: 10-13/15-16/20-08/31-11.
Cancha: Pazo dos Deportes.

 

Resultados xornada 6

Estudiantes 46 49 Sarria
Viveiro A Celtas Foz
Cidade de Lugo 76 48 Ensino

Próxima xornada

Celtas Foz - - Cidade de Lugo
Ensino - - Estudiantes
Sarria - - Viveiro