O Cidade de Lugo superou ao Viveiro no partido pendente da quinta xornada

A Segunda júnior tivo descanso esta fin de semana, pero estes dous conxuntos da feminina aproveitaron para resolver contas

Feminina 

Liga regular

A Segunda júnior non tivo xornada esta fin de semana, pero o Cidade de Lugo e o Viveiro celebraron o seu partido pendente da quenda numero 5. O choque celebrado en Lugo comezou mellor para as locais, que se foron ao descanso cunha importante distancia no marcador. Tralo descanso, igualáronse as forzas, pero as da Mariña non conseguiron achegarse e foron derrotadas por 49-32.

A vindeira xornada o Viveiro recibirá ao Celtas, mentres que o Cidade será local contra o Ensino. O Sarria, líder da clasificación, xogará contra o Estudiantes na capital provincial.

Consulta a clasificación aquí

CIDADE DE LUGO 49 - 32 VIVEIRO

Cidade de Lugo: Laura, Sara, Sanna, Natalia, Nuria, Paula, Raquel, Ángela, Lucía, Noemí e María.
CB Viveiro: Sara, Julia, Beatriz, Paula, Helena, Andrea e Noah,
Parciais: 14-10/12-03/09-08/14-11.
Cancha: Pazo dos Deportes.

 

Resultado partido pendente xornada 5

Cidade de Lugo 49 32 Viveiro

Próxima xornada

Estudiantes - - Sarria
Viveiro - - Celtas
Cidade de Lugo - - Ensino

 

Masculina 

Liga regular

Na masculina, repetiranse os duelos da categoría feminina. Neste caso, o líder da clasificación e o Estudiantes, mais empata a puntos co Sarria, o seu vindeiro rival. O terceiro clasificado é o Cidade de Lugo, seguido do Celtas e o Viveiro. O Ensino pecha a clasificación con só cinco puntos.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Estudiantes - - Sarria
Viveiro - - Celtas Foz
Cidade de Lugo - - Ensino

 

 

 

Más en Segunda Júnior