O Sarria feminino tomou a dianteira tras romper a xeira do Ensino no Novo Chanto

Na categoría masculina, o Estudiantes e o Sarria empatan a nove puntos na cabeza tras conseguir ámbolos dous equipos a cuarta vitoria da liga regular

Feminina 

Liga regular

A Segunda júnior feminina celebrou esta fin de semana a quinta xornada da liga regular. O Sarria conseguiu quedar como o único equipo invicto tras superar ao Ensino no Novo Pavillón do Chanto. As amarelas saíron ao partido impoñendo un alto ritmo e sen permitir que as rivais fixeran o seu xogo. Ademais, tiveron moito acerto exterior nos dous primeiros cuartos e, aínda que logo lles custou máis ver o aro, acabaron impoñéndose por 68-66.

O Celtas levouse a outra vitoria da fin de semana. As de Foz enfrontáronse na Mariña contra o Estudiantes Lugo e na primeira metade inclinaron o marcador ao seu favor. Na segunda metade o Estudiantes conseguiu frealas, pero o Celtas seguiu aumentando a vantaxe ata vencer por 58-38.

Consulta a clasificación aquí

CELTAS 58 - 38 ESTUDIANTES LUGO

Celtas Foz: Sara, Marta, Lucía L, Lucía P, Cecilia, Marta, Lucía, Antía e Paula.
Estudiantes Lugo: Anne, Cecilia, Emma, Carla, Gema, Isabel M, Isabel L, Clara, Eva e Lucía.
Parciais: 17-07/11-08/13-12/17-11.
Cancha: Marzán.

SARRIA 68 - 66 ENSINO LUGO

CB Sarria: Lúa, Gabriela, Uxía, Eva, Claudia, Sara, Paula e Sara T.
Ensino Lugo: Sarai, María, Claudia, Elena, Uxía, Ainoa, Carla, Idaira, Aroa e Natalia.
Parciais: 25-14/12-22/10-15/21-15.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

 

Resultados xornada 5

Estudiantes 58 38 Celtas Foz
Sarria 68 66 Ensino Lugo
Cidade de Lugo A Viveiro

Próxima xornada

Estudiantes - - Sarria
Viveiro - - Celtas
Cidade de Lugo - - Ensino

 

Masculina 

Liga regular

Na categoría masculina o Estudiantes e o Sarria empatan a nove puntos. Os celestes gañaron ao Celtas de Foz a domicilio cun taboleiro de 59-68. O Estudiantes comezou a levarse as primeiras vantaxes, pero o Celtas levouse o segundo e terceiro parcial e entraron con opcións ao último cuarto. Ao final os detalles déronlle o triunfo aos da capital lucense.

No caso do Sarria, venceu ao Ensino cun avultado 84-65. O equipo amarelo saíu mellor ao parqué, pero o segundo cuarto caeu do lado do Ensino. Aínda así o marcador seguiu a favor dos locais, que sentenciaron a vitoria cun parcial de 34-18 no último período.

No terceiro posto está o Cidade de Lugo, que leva dúas vitorias consecutivas tras superar ao Viveiro. O cadro costeiro impúxose no primeiro cuarto, máis pouco a pouco igualáronse as forzas ata que os locais conseguiron a remontada.

Consulta a clasificación aquí

SARRIA 84 - 65 ENSINO

CB Sarria: Slatel, Fausto, Martín, Daniel, Xabelo, Christian, Sergio, Mateo, Álvaro, Brais e Álex.
Ensino: Cristian, Erik, Joel, Carlos, Alejandro, Antonio, Roi, Samuel, Leo, Julián e Mauro.
Parciais: 23-17/10-16/17-14/34-18.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

CELTAS FOZ 59 - 68 ESTUDIANTES LUGO

Celtas Foz: Javier, Álvaro, Darío, Pedro, Mario, Nicolás, Ethan, Christian, Iván e Lucas.
Estudiantes Lugo: Simón, Bosco, Pablo, Antón, Martín, Julen, Iverson, Manuel, Esteban e Pablo.
Parciais: 14-22/18-13/16-14/11-19.
Cancha: Marzán.

CIDADE DE LUGO 65 - 50 VIVEIRO

Cidade de Lugo: Max, Rubén, Rodrigo, Marcos, Iago, Miguel, Santiago, Héctor, Pablo, Diego e Braian.
CB Viveiro: Juan, Marcos, Samuel, Felipe, Alberto, Nicanor, Óscar e Francisco.
Parciais: 10-26/11-05/27-11/17-08.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 5

Estudiantes 84 65 Celtas Foz
Sarria 59 68 Ensino
Cidade de Lugo 65 50 Viveiro

Próxima xornada

Estudiantes - - Sarria
Viveiro - - Celtas Foz
Cidade de Lugo - - Ensino