O Ensino Lugo e o Burela quedaron ás portas de meterse na fase final polo ascenso

Ambos os dous equipos lucenses remataron a liga con 10 puntos, os mesmos que o Baxi Ferrol, que foi o campión 

O Ensino Lugo e o Burela remataron esta xornada a fase de ascenso a Primeira Júnior. Os dous conxuntos lucenses quedaron con 10 puntos cada un, os mesmos que o Baxi Ferrol, líder do grupo e clasificado para a final. As da capital precisamente gañaron nesta derradeira xornada ás campioas. O Ensino recibiu ao Ferrol no Seminario e o partido comezou igualado, ata que antes do descanso as lucenses conseguiron afastarse no taboleiro despois de acadar boas situacións en ataque. Na segunda metade o equipo de Lugo defendeu con intensidade e manexou a distancia ata pechar o marcador un 59-42.

O Burela, que rematou terceiro, impúxose ao Peleteiro na casa por 61-31. As da Mariña fixeron un bo partido, mantiveron unha grande intensidade defensiva durante todo o encontro e conseguiron pechar ben o rebote. A súa presión fixo dano ao conxunto visitante, quen tivo que sufrir ademais o acerto no tiro de tres do cadro de Manolo Cobas. Na segunda metade o Burela errou en tiros cómodos, o que impediu que o marcador aínda se disparase máis.

Consulta as competicións aquí

ENSINO LUGO 59 - 42 BAXI FERROL

Ensino Lugo: Emma, Carla, Idaira, Aroa, Lola e Juliet.
Baxi Ferrol: Isabella, María, Irene, Lucía, María, Shara, María P, Carla e Celia.
Parciais: 15-17/13-09/17-11/14-05.
Cancha: Seminario Menor. 

BURELA 61 - 31 PELETEIRO

Burela: Sara, Henar, Sara P, Aroa, Candela, Lucía, Cecilia e Paula.
Peleteiro: Xiana, María, Lucía, Cristina, Carla, Carmen, Antía e Sofía.
Parciais: 26-02/10-06/13-10/12-13.
Cancha: Vista Alegre
 
2º JÚNIOR FEMININA - FASE DE ASCENSO A

Resultados xornada 6

Ensino Lugo 61-31 Baxi Ferrol
Burela 61-31 Peleteiro