Seis puntos para os equipos lucenses da Segunda feminina

O Burela gañou na casa ao Artai, pero o Ensino foi vencido polo Montrove. Na Copa Premium o Cidade e o Estudiantes triunfaron na casa

Boa fin de semana para a categoría feminina, que acapara o protagonismo ata o inicio da segunda fase masculina.

Consulta as clasificacións aquí

2º FASE

Soamente os equipos lucenses da feminina saíron á pista esta fin de semana, xa que os da masculina esperan o comezo da segunda fase. A falta de dúas xornadas para elas, o Burela mantense no segundo posto da clasificación na loita polo Campionato. Esta semana, as laranxas gañaron ao Artai na casa por 68-35 nun partido cómodo. A boa circulación do balón e o acerto exterior foron claves para conseguir as primeiras vantaxes. Ademais, controlaron o rebote e puideron facer boas transicións.

Ao Ensino Lugo se lle escapou por pouco o duelo contra o Montrove. Nun partido moi igualado, o Ensino conseguiu irse ao descanso un punto por diante. Malia isto, as locais fixeron un parcial de 25-11 tralo descanso, que lle puxo complicadas as cousas ás ensinistas. Nos últimos minutos o Ensino intentou remontar con tódalas súas forzas, pero quedou a dous puntos das rivais.

BURELA 68 - 35 ARTAI

Burela: Carla, Sara, Henar, Sara P, Candela, Lucía, Cecilia e Paula.
Artai: Elena, Nerea, Noemi, Claudia, Irene, Alba, Iria e Inés.
Parciais: 24-12/15-05/10-10/19-08.
Cancha: Marzán.

MONTROVE 57 - 55 ENSINO LUGO

Montrove: Noa, Mar, Rosa, Noelia, Matilda, Ana, Candela, Sara e Paula.
Ensino Lugo: María, Sara, Carla, Idaira, Aroa, Laura, Alicia e Juliet.
Parciais: 17-16/09-11/25-11/06-17.
Cancha: Canide Mera.
 
2ª JÚNIOR FEMININA - 2ª FASE

Resultados xornada 13

Montrove 57-55 Ensino Lugo
Baxi Ferrol 49-40 Culleredo
Burela 68-35 Artai
Tirso de Molina 38-54 Básquet Coruña

Próxima xornada

Ensino Lugo - Tirso de Molina
Básquet Coruña - Artai
Burela - Ferrol
Culleredo - Montrove

 

COPA PREMIUM

Na Copa Premium o Estudiantes mantense invicto a falta de tan só unha xornada. Esta semana as lucenses superaron ao Los Rosales nun dos mellores partidos da temporada. Dende o segundo cuarto comezaron a romper o partido a través do xogo en equipo e a defensa. Despois do descanso controlaron o choque facendo un moi bo baloncesto e gozando na pista para rematar cun resultado de 82-37. 

No caso do Cidade de Lugo, superou por 67-63 ao Betanzos esta xornada. As lucenses, que van quintas, asinaron a vitoria número oito nun partido moi igualado que se resolveu na prórroga. O duelo comezou mellor para o equipo visitante, pero o Cidade apertou na segunda metade e un parcial de 21-14 no cuarto período empatou o partido. Na prórroga souberon facerse co poder ata conseguir os dous puntos.

CIDADE DE LUGO 67 - 63 BETANZOS

Cidade de Lugo: Demekech, Sabela, Lucía, Ana, Sara, Sanna, Ángela F e Ángela A.
Santo Domingo Betanzos: Celia, Andrea, Ana, Laura, Patricia, Inés e Sara.
Parciais: 08-19/12-13/13-08/21-14/13-09.
Cancha: Anexo do Pazo.

ESTUDIANTES 82 - 37 LOS ROSALES

Estudiantes Lugo: Leyre, Pilar, Carmen, Naiara, Cristina, Carolina, María, Daniela, María A e Daniela.
CD Los Rosales: Antía, Candela, Carolina, Claudia, Alicia, Sabela, Lucía, Adriana, Iria, Lola, Marta e Paula.
Parciais: 12-09/27-09/21-10/22-09.
Cancha: Anexo do Pazo.
 
2ª JÚNIOR FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 13

Esclavas 45-61 Pontumio
Cidade de Lugo 67-63 Betanzos
Arteixo 38-46 Obradoiro
Estudiantes 82-37 Los Rosales

Próxima xornada 

Estudiantes - Pontumio
Los Rosales - Arteixo
Obradoiro - Cidade de Lugo
Betanzos - Esclavas

Más en Segunda Júnior