A competición masculina pechou a liga regular co podio copado de lucenses

O Hierros Ferreiro e o Ría de Ribadeo tiñan asegurados os dous primeiros postos, no terceiro rematou o Estudiantes, seguido do Sarria e o Cidade de Lugo

Esta fin de semana pechouse a primeira fase da provincial masculina e na feminina quedan tan só dúas xornadas da segunda.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Hierros Ferreiro pechou a liga regular coma líder e invicto. Nesta derradeira xornada conseguiron gañar a domicilio ao Narón Naranja por 64-95. Comezaron a dominar o duelo dende o primeiro cuarto e pronto dispararon a vantaxe no marcador anotando moito. Estiveron brandos en defensa e iso permitiu que os rivais tamén anotaran. Tralo descanso o Narón aproveitouse dos erros lucenses para levarse o terceiro parcial, pero os do Hierros conseguiron empezar cunha dinámica mellor o último cuarto e volveron disparar o marcador.

No segundo posto, como xa se asegurara, quedou o Ría de Ribadeo, vencedor do choque de esta semana contra o Costa Ártabra. Os da Mariña saíron ao parqué sendo moi fieis ao seu xogo, conseguindo pequenas diferenzas para chegar con cinco puntos por riba ao descanso. Un gran Dani con 27 puntos, apoiado polo bo orde do equipo lucense, esnaquizaron a defensa do BBCA con oito triplas nos últimos cuartos para irse definitivamente no marcador.

Finalmente o terceiro posto foi para o Estudiantes, que rematou a fase gañando ao Cidade de Lugo, quinto. Despois dun inicio moi igualado os celestes conseguiron irse ao descanso con vantaxe no taboleiro. Unha moi boa saída despois do intermedio abriu a fenda e leváronse os dous puntos cun resultado de 59-96. En canto ao Sarria, quedou no cuarto posto da clasificación tras conseguir a oitava vitoria contra o Basket Ferrol. Os amarelos saíron moi ben á pista do Novo Pavillón do Chanto e impuxeron unha distancia de case 30 puntos ao descanso. No segundo tempo, os ferroláns apertaron, pero o Sarria seguiu anotando e levouse o triunfo por 78-66.

NARÓN NARANJA 64 - 95 HIERROS FERREIRO

Narón Naranja: Roberto, Daniel, Yasmel, Ricardo, Hugo, Juan e Pablo.
Hierros Ferreiro: Sergio, Alexis, Yishak, Gabriel, Roi, Pablo, Jorge, Néstor, Martín, Victor e David.
Parciais: 13-31/18-23/19-12/14-29.
Cancha: Pavillón Municipal da Gándara.

COSTA ÁRTABRA 68 - 83 RÍA DE RIBADEO

Costa Ártabra: Paulo, Yago, Miguel, David, Lucas, Miguel, Joel, Antón, Adrián, Santiago, Álvaro e Sergio.
Ría de Ribadeo: Pedro, Iago, Jorge, Iván, Daniel, Martín, Juan, Lucas, Alejandro, Bruno e Iker.
Parciais: 16-19/15-17/19-24/18-23.
Cancha: Javier Gómez Noya.

CIDADE DE LUGO 59 - 69 ESTUDIANTES

Cidade de Lugo: Miguel, Rodrigo, Marcos, Iago, Miguel P, Miguel C, Santiago, Anxo, Manuel, Adrán, Ignacio e Braian.
Estudiantes Lugo: Daniel, Bernal, Antón, Adrián, Diego, Santiago, Samuel, Martín, Diego D, Manuel, Ismael e Leo.
Parciais: 16-15/12-19/11-23/20-12.
Cancha: Frigsa.

SARRIA 78 - 66 BASKET FERROL

CB Sarria: Slatel, Martín, Sergio, Xabelo, Christian, Antón, Izam, Urko e Uxío.
Basket Ferrol: Pablo, Cosme, Javier, Lois, Pedro e Ismael.
Parciais: 29-13/20-08/13-21/16-24.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.
 
2ª JÚNIOR MASCULINA - GRUPO C

Resultados xornada 14

Narón Naranja 64-95 Hierros Ferreiro
Costa Ártabra 68-83 Ría de Ribadeo
Cidade de Lugo 59-69 Estudiantes
Sarria 78-66 Basket Ferrol

 

Feminina

No caso da femenina, na fase polo ascenso o Burela viu suspendido o seu enfrontamento da xornada contra o Tirso de Molina. No caso do Ensino, conseguiu un triunfo a domicilio contra o Básquet Coruña. Saíron mellor as lucenses, que se foron ao descanso por diante e no terceiro tempo mataron o duelo cun parcial de 02-23.

Na Copa Premium, o Estudiantes impúxose ao Obradoiro con facilidade. Foron moi superiores durante todo o partido e xa conseguiron coller distancia no primeiro cuarto. Pola contra, o Cidade de Lugo foi derrotado polo Esclavas na Coruña nun partido con baixo ritmo anotador. As lucenses perseguían as locais no marcador, pero no cuarto período quedaron sen opción.

BÁSQUET CORUÑA 37 - 75 ENSINO LUGO

Básquet Coruña: Lucía, Xiana, Gabriela, Cristina, Kira, Lucía, Laura e Manuela.
Ensino Lugo: Emma, María, Claudia, Noa, Sara, Carla, Idaira, Aroa, Laura e Juliet.
Parciais: 10-17/11-19/02-23/14-16.
Cancha: Riazor.

ESCLAVAS 42 - 34 CIDADE DE LUGO

Esclavas: Olalla, Carmen, Carolina, Irene, Iria, Tareixa, María G, María B, Marta V, Mencía, Carmen e Maja.
Cidade de Lugo: Laura, Demekech, Sabela, Ana Cristina, Sara, Lefnun, Raquel e Ángela.
Parciais: 09-05/10-09/11-12/12-08.
Cancha: Riazor.

ESTUDIANTES 93 - 24 OBRADOIRO

Estudiantes Lugo: Alonso, Corredoira, Vázquez, Real, Otero, Fernández, Castro, Prado, Álvarez e González.
Obradoiro Júnior: Álvarez, Fernández, Rohregger, Becerra, Grille, García, Méndez, Sandar, Romero, Calderón e Pariente.
Parciais: 22-06/23-07/22-07/28-04.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - 2ª FASE

Resultados xornada 12

Básquet Coruña 37-75 Ensino Lugo
Burela S Tirso de Molina
Culleredo 65-38 Artai
Montrove A Baxi Ferrol

Próxima xornada

Montrove - Ensino Lugo
Baxi Ferrol - Culleredo
Artai - Burela
Tirso de Molina - Básquet Coruña
 
2ª JÚNIOR FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 12

Los Rosales ND Pontumio
Betanzos 48-37 Arteixo
Esclavas 42-34 Cidade de Lugo
Estudiantes 93-24 Obradoiro

Próxima xornada 

Esclavas - Pontumio
Cidade de Lugo - Betanzos
Arteixo - Obradoiro
Estudiantes - Los Rosales