O Estudiantes adianta ao Sarria na clasificación despois de gañarlle en Lugo

Os celestes son agora terceiros e completan o podio co Ría de Ribadeo e o Hierros Ferreiro, equipos que tamén conseguiron vitorias locais esta fin de semana e xa teñen aseguradas as primeiras posicións

A masculina volve á pista tralo parón con vitorias locais do Estudiantes, o Ribadeo e o Hierros Ferreiro. Na feminina, venceron os equipos da Copa Premium, mentres que na loita polo ascenso gañou o Burela.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

A masculina xa tiña decidida a primeira praza da clasificación para o Hierros e tralos resultados desta semana o Ría de Ribadeo quedase co segundo posto. Os da Mariña venceron ao Cidade de Lugo facendo un grande partido ofensivo. A primeira metade foi demoledora, xa que anotaron máis de 50 puntos e non deixaron anotar máis de nove puntos ao Cidade no segundo cuarto. Ademais da vitoria foi clave a derrota do Sarria contra o Estudiantes. Os amarelos sufriron a lesión do seu capitán no inicio e un segundo parcial de 18-08 por parte dos celestes, púxolles o duelo costa arriba. No segundo tempo melloraron a porcentaxe de acerto, pero seguiron cun nivel máis baixo do que están acostumados e malia que loitaron ata o final non puideron facer máis que quedar a menos de dez puntos no marcador. 

O Hierros Ferreiro gañoulle ao Costa Ártabra nun partido bastante irregular. Os lucenses comezaron moi ben o partido, serios en defensa e anotando con moito ritmo. Ao principio do segundo cuarto chegaron a ter 16 puntos de vantaxe, pero as rotacións cambiaron o rumbo do partido e os de Ferrol fixeron un parcial de 19-0 que obrigou ao Hierros a reconstruír o partido. Volveron controlar o marcador e no terceiro período, co quinteto inicial, dominaron de novo. Con 20 puntos de distancia no marcador pensaron que tiñan o partido resolto, pero o Costa Ártabra fixo un grande parcial e obrigou de novo aos lucenses a traballar para levarse o triunfo.

ESTUDIANTES 63 - 56 SARRIA

Estudiantes Lugo: Daniel, Bernal, Antón, Adrián, Diego, Santiago, Samuel, Martín, Diego D, Mateo, Ismael e Leo.
CB Sarria: Slatel, Xavier, Martín, Sergio, Xabelo, Christian, Anón, Izam, Urko e Uxío.
Parciais: 14-12/18-08/16-18/15-18.
Cancha: Anexo do Pazo.

HIERROS FERREIRO 73 - 66 COSTA ÁRTABRA

Hierros Ferreiro: Sergio, Alexis, Yishak, Gabriel, Roi, Pablo, Jorge, Néstor, Martín, Victor e David.
Costa Ártabra: Paulo, Yago, Miguel, David, Lucas, Antón, Adrián, Santiago, Álvaro e Sergio.
Parciais: 28-11/13-25/18-05/14-25.
Cancha: Pabellón Grande de Ribadeo.

RÍA DE RIBADEO 84 - 54 CIDADE DE LUGO

Ría de Ribadeo: Pedro, Iago, Jorge, Iván, Daniel, Martín, Juan, Lucas, Alejandro e Iker.
Cidade de Lugo: Tomás, Miguel, Diego, Rodrigo, Iago, Miguel P, Miguel C, Santiago, Manuel, Adrián, Ignacio e Braian.
Parciais: 26-14/27-09/18-11/18-20.
Cancha: Pavillón Grande de Ribadeo.

 

 
2ª JÚNIOR MASCULINA - GRUPO C

Resultados xornada 13

Basket Ferrol 75-78 Narón Naranja
Estudiantes 63-56 Sarria
Ría de Ribadeo 84-54 Cidade de Lugo
Hierros Ferreiro 73-66 Costa Ártabra

Próxima xornada

Narón Naranja - Hierros Ferreiro
Costa Ártabra - Ría de Ribadeo
Cidade de Lugo - Estudiantes
Sarria - Basket Ferrol

 

Feminina

Na feminina o Burela conseguiu levarse os dous puntos á Mariña ao vencer ao Básquet Coruña en Riazor. As laranxas saíron un pouco durmidas ao primeiro cuarto e perderon por catro puntos o parcial. No segundo melloraron e recuperaron o marcador para irse ao descanso por riba. Seguindo na liña ascendente tralo intermedio, corrixiron errores e anotaron un parcial de 0-15 que rompeu o partido. O Ensino, pola súa parte, non conseguiu vencer ao Baxi Ferrol. As lucenses xogaron en Lugo e non saíron demasiado ben ao partido, recortaron distancias antes do descanso pero as visitantes controlaron o marcador ata o final.

Na Copa Premium, o Estudiantes gañou ao Betanzos a domicilio. As celestes fixeron un partido serio dende o principio, aínda que fallaron varias controlaron ben o rebote e no primeiro tempo conseguiron as primeiras vantaxes. Na segunda metade as locais tiveron máis dificultades ante a defensa das lucenses e comezaron a decantar o partido ata levarse o marcador por 40-73. O Cidade de Lugo conseguiu tamén a vitoria esta xornada, no seu caso, por tan só un punto de diferencia contra o Pontumio. As de Pontedeume conseguiron irse ao descanso por diante, pero trala visita aos vestiarios o Cidade impuxo un parcial de 04-14 que deixou o partido por resolver no último cuarto. Así foi que nos últimos minutos as lucenses déronlle a volta ao marcador e venceron por 50-51.

BÁSQUET CORUÑA 33 - 55 BURELA

Básquet Coruña: Alba, Lucía, Xiana, Gabriela, Cristina, Kira, Lucía, Laura e Rebeca.
Burela: Carla, Sara, Henar, Sara P, Aroa, Lucía, Cecilia e Paula.
Parciais: 14-10/12-19/00-15/07-11.
Cancha: Riazor.

ENSINO 50 - 56 BAXI FERROL

Ensino Lugo: Emma, María, Noa, Sara, Carla, Idaira, Aroa, Laura, Alicia e Juliet.
Baxi Ferrol: Cloe, María, Irene, Lucía, María, Carla, Lucía D e Celia.
Parciais: 16-19/11-07/10-11/13-19.
Cancha: Seminario Menor.

PONTUMIO 50 - 51 CIDADE DE LUGO

Pontumio: Cyntia, Saray, Ainoa, Celia, Mara e Carlota.
Cidade de Lugo: Laura, Demekech, Sabela, Ana Cristina, Sanna, Lefnun, Nuria, Ángela F e Ángela A.
Parciais: 21-14/14-12/04-14/11-11.
Cancha: A Casqueira.

BETANZOS 40 - 73 ESTUDIANTES

Santo Domingo Betanzos: Alia, Andrea, Ana, Laura, Dennis, Patricia, Inés, Noa, Emma e Sara.
Estudiantes Lugo: Leyre, Pilar, Carmen, Naiara, Cristina, Carolina, María, Daniela, María A e Daniela G.
Parciais: 15-22/08-12/12-16/05-23.
Cancha: Pavillón Vales Villamarín.
 
2ª JÚNIOR FEMININA - 2ª FASE

Resultados xornada 11

Ensino Lugo 50-56 Baxi Ferrol
Artai 57-54 Montrove
Tirso de Molina 40-53 Culleredo
Básquet Coruña 33-55 Burela

Próxima xornada

Básquet Coruña - Ensino Lugo
Burela - Tirso de Molina
Culleredo - Artai
Montrove - Baxi Ferrol

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 11 

Pontumio 50-51 Cidade de Lugo
Arteixo 34-36 Esclavas
Betanzos 40-73 Estudiantes
Los Rosales 76-47 Obradoiro

Próxima xornada 

Los Rosales - Pontumio
Betanzos - Arteixo
Esclavas - Cidade de Lugo
Estudiantes - Obradoiro