O igualado derbi celebrado na Mariña resolveuse cunha vitoria do Burela por só dous puntos

As laranxas recibiron ao Ensino Lugo no Vista Alegre e volveron poñerse por riba delas na clasificación da segunda fase

O derbi lucense feminino do grupo que loita polo ascenso caeu do lado do Burela. Na Copa Premium o Estudiantes gañou e o Cidade perdeu na casa. En canto aos conxuntos da masculina, tiveron descanso esta fin de semana.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

Despois dunha mala xeira, o Burela volveu ser o equipo competitivo que comezou a temporada, e leváronse un derbi moi competido contra o Ensino. As laranxas conseguiron irse por riba ao descanso grazas á súa boa actitude defensiva e a conseguir pechar o rebote contra un rival de maior altura. A zona proposta polas ensinistas freou bastante ao conxunto mariñao, que perdeu o parcial do terceiro cuarto. A falta de 14 segundos o Ensino tiña a posesión para darlle a volta ao partido, pero Henar conseguiu roubarlle o balón a Noa e esgotaron a posesión para conseguir levarse o triunfo por 54-52. O triunfo volveunas a colocar no segundo posto da clasificación, un  número por riba do Ensino.

Na Copa Premium, o Estudiantes superou ao Esclavas a domicilio. As celestes non saíron ben ao partido, pero son superiores e tiveron a tranquilidade para ir crecendo co paso dos minutos. Empezaron a xogar mellor a partir do descanso, os roubos nos primeiros pases fixeron que puideran correr con facilidade e foran aumentando a vantaxe ata o 34-56 definitivo. No caso do Cidade de Lugo, que ocupa a terceira posición do podio, foi superada esta xornada polo Arteixo, sexto. As lucenses deixaron escapar os dous puntos por tan so tres de diferenza no marcador. Esta semana o Estudiantes e o Cidade de Lugo celebraran o seu derbi pendente da pasada xornada número nove.

BURELA 54 - 52 ENSINO LUGO

Burela: Carla, Sara, Henar, Sara P, Aroa, Lucía, Cecilia e Paula.
Ensino Lugo: Emma, María, Noa,Sara, Carla, Idaira, Aroa, Laura e Juliet.
Parciais: 15-12/13-10/10-15/16-15.
Cancha: Monte Castelo.

ESCLAVAS 34 - 56 ESTUDIANTES

Esclavas: Olalla, Carmen, Carolina, Irene, Iria, Tareixa, María, Marta,Mencía, Carmen e Maja.
Estudiantes Lugo: Leyre, Pilar, Carmen, Naiara, Cristina, Carolina, María, Daniela, María A e Daniela.
Parciais: 07-13/07-13/08-18/12-12.
Cancha: Muncipal Cocheras.

CIDADE DE LUGO 43 - 46 ARTEIXO

Cidade de Lugo: Laura, Demekech, Sabela, Lucía, Ana C, Carla, Sara, Sanna e Ángela.
CB Arteixo: Elisa, Sofía, Xoana, Antía, Alba, Icia, Glora, Paloma e Sabela.
Parciais: Non dispoñible.
Cancha: Pazo dos Deportes.

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - 2ª FASE

Resultados xornada 10

Burela 54-52 Ensino Lugo
Culleredo 74-35 Básquet Coruña
Montrove 68-58 Tirso de Molina
Baxi Ferrol 70-40 Artai

Próxima xornada

Ensino Lugo - Baxi Ferrol
Artai - Montrove
Tirso de Molina - Culleredo
Básquet Coruña - Burela

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 10

Obradoiro 47-80 Pontumio
Betanzos 50-39 Los Rosales
Esclavas 34-56 Estudiantes
Cidade de Lugo 43-46 Arteixo

Próxima xornada 

Pontumio - Cidade de Lugo
Arteixo - Esclavas
Estudiantes - Betanzos
Los Rosales - Obradoiro

 

Masculina

Os conxuntos da masculina descansaron a falta de dúas xornadas para rematar a primeira fase da competición. O Hierros Ferreiro, que xa certificou o liderado, recibirá en Lugo ao Costa Ártabra. Tamén na capital da provincia enfrontaranse o Estudiantes e o Sarria, partido decisivo xa que empatan a 19 puntos. O Ría de Ribadeo, que segue coa mira no segundo posto, actuará coma local ante o Cidade de Lugo, quinto clasificado.

 
2ª JÚNIOR MASCULINA - GRUPO C

Próxima xornada

Basket Ferrol - Narón Naranja
Estudiantes - Sarria
Ría de Ribadeo - Cidade de Lugo
Hierros Ferreiro - Costa Ártabra