O Estudiantes lévase o derbi da masculina contra o Ribadeo por sete puntos

Os celestes conseguiron certificar a vitoria sobre o equipo da Mariña cunha tripla nos últimos 30 segundos

O Estudiantes levouse o único enfrontamento entre lucenses da competición zonal masculina contra o Ribadeo. Na feminina, o Burela foi derrotado por primeira vez nesta segunda fase.  

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Estudiantes conseguiu esta fin de semana a quinta vitoria do curso sobre o Ría de Ribadeo, o segundo clasificado. Nun partido moi trabado, onde os da Mariña notaron a falta de Pedro o Estudiantes fíxose coas primeiras vantaxes. Aínda que o Ribadeo reaccionou ao final, unha tripla nos derradeiros intres asegurou o triunfo para os celestes. 

O Hierros Ferreiro segue liderando a clasificación con agora dez vitorias. Esta xornada impúxose ao Basket Ferrol coma visitante despois dun primeiro cuarto máis igualado, decantou practicamente o partido antes do descanso.

O Sarria, terceiro na clasificación, levouse os dous puntos contra o Costa Ártabra no Novo Pavillón do Chanto. Leváronse a primeira metade con pouca vantaxe no marcador, pero, na segunda, aumentaron a diferenza ata o 76-50 final. O Cidade de Lugo empata a 16 puntos cos sarrianos. Os da capital lucense tamén conseguiron un triunfo esta quenda, ao impoñerse por 74-54 ao Narón Naranja. 

SARRIA 76 - 50 COSTA ÁRTABRA

CB Sarria: Slatel, Xavier, Martín, Sergio, Xabelo, Christian, Antón, Izam, Urko, Uxío e Brais.
Costa Ártabra: David, Lucas, Noé, Antón, Izzan, Adrián, Santiago, Álvaro e Sergio.
Parciais: 22-19/16-15/21-08/17-08.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

BASKET FERROL 60 - 86 HIERROS FERREIRO

Neket Basket Ferrol: Javier, Pablo, Carlos, Cosme, Alejandro, Lois, Pedro, Ismael e Daniel.
Hierros Ferreiro: Sergio, Alexis, Yishak, Gabriel, Roi, Pablo, Jorge, Néstor, Martín, Victor e David.
Parciais: 14-18/16-30/10-23/20-15.
Cancha: Esteiro.

ESTUDIANTES 58 - 51 RÍA DE RIBADEO

Estudiantes Lugo: Daniel, Bernal, Antón, Diego, Samuel, Martín, Diego D, Mateo, Manuel, Ismael e Leo.
CB Ría de Ribadeo: Iago, Jorge, Iván, Daniel, Martín, Juan, Lucas, Bruno e Iker.
Parciais: 11-10/21-12/15-13/11-16.
Cancha: Frigsa.

 

 
2ª JÚNIOR MASCULINA - GRUPO C

Resultados xornada 10

Cidade de Lugo 74-54 Narón Naranja
Sarria 76-50 Costa Ártabra
Basket Ferrol 60-86 Hierros Ferreiro
Estudiantes 58-51 Ría de Ribadeo

Próxima xornada

Narón Naranja - Estudiantes
Ría de Ribadeo - Basket Ferrol
Hierros Ferreiro - Sarria
Costa Ártabra - Cidade de Lugo
 

Feminina

Na feminina, o Burela foi derrotado polo Baxi Ferrol. Ámbolos dous equipos lideraban a clasificación, pero as de Ferrol decantaron o primeiro posto ao seu favor cunha vitoria por 87-57. O equipo da Mariña non fixo un bo comezo, pero foron mellorando cunha boa actitude en defensa coa presión a toda a pista. No segundo cuarto, a superioridade das locais puxo o partido costa arriba ao equipo lucense. Detrás do Burela, o Ensino Lugo ocupa a terceira posición cunha vitoria máis, ao gañarlle a domicilio ao Tirso de Molina. As ensinistas deixaron case sentenciado o duelo no primeiro cuarto, onde se levaron un parcial de 08-20. 

Na Copa Premium, tanto o Cidade de Lugo como o Estudiantes se levaron a vitoria. As celestes enfrontáronse coma visitantes contra o Pontumio, un equipo dun nivel máis baixo que elas. Malia a diferenza de forzas ao Estudiantes custoulle acadar o seu mellor xogo, pero amosouno na segunda metade. Pola parte do Cidade, fixo unha grande saía á pista no duelo contra o Obradoiro, decantando ao seu favor un enfrontamento que dominou en todo momento.

TIRSO DE MOLINA 19 - 51 ENSINO LUGO

Tirso de Molina: Carla, Lucía, Ainhoa, Ana, María, Manuela, María H, Marta, Martina e Anuska.
Ensino Lugo: Aroa, Juliet, Carla, María, Sara, Idaira, Laura e Alicia.
Parciais: 08-20/03-08/04-12/04-11.
Cancha: Tirso de Molina.

BAXI FERROL 87 - 57 BURELA

Baxi Ferrol: Cloe, Isabella, María, Lara, Shara, María P, Carla e Lucía.
Burela: Carla, Henar, Sara, Aroa, Candela, Lucía, Cecilia e Paula.
Parciais: 19-17/28-09/26-18/14-13.
Cancha: Esteiro.

CIDADE DE LUGO 82 - 31 OBRADOIRO

Cidade de Lugo: Laura, Demekech, Sabela, Ana, Carla, Sara, Sanna, Lefnun, Paula, Ángela F e Ángela Abelleira.
Obradoiro: Ana, Isabella, Patricia, Mariña, Carmen, Julia, Águeda, Eugenia, Sabela, Ana, Isabel e Carlota.
Parciais: 23-06/15-12/28-06/16-07.
Cancha: Frigsa.

PONTUMIO 38 - 59 ESTUDIANTES

Pontumio: Saray, AInoa, Celia, Mara e Carlota.
Estudiantes Lugo: Leyre, Pilar, Carmen, Naiara, Cristina, Carolina, María, Daniela, María A e Daniela G.
Parciais: 08-12/12-14/07-15/11-18.
Cancha: A Casqueira.

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - 2ª FASE

Resultados xornada 11

Tirso de Molina 19-51 Ensino Lugo
Artai 53-50 Básquet Coruña
Baxi Ferrol 87-57 Burela
Montrove ND Culleredo

Próxima xornada

Culleredo - Ensino Lugo
Montrove - Burela
Baxi Ferrol - Básquet Coruña
Artai - Tirso de Molina

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 7

Pontumio - Estudiantes
Arteixo 48-49 Los Rosales
Cidade de Lugo 82-31 Obradoiro
Esclavas ND Betanzos

Próxima xornada 

Betanzos - Pontumio
Esclavas - Obradoiro
Cidade de Lugo - Los Rosales
Arteixo - Estudiantes

Más en Segunda Júnior