O Hierros Ferreiro e o Sarria superan os derbis contra o Estudiantes e o Cidade de Lugo

Os líderes da clasificación acumulan nove vitorias e mantéñense por diante do Ribadeo e dos amarelos, que pechan o podio

O Hierros Ferreiro segue na cabeza da Segunda júnior masculina e tras superar coma local ao Estudiantes acumula nove vitorias. O Ribadeo superou ao Narón Naranja, mentres que o Sarria venceu o outro derbi lucense. Na feminina, o Burela, o Ensino Lugo e o Estudiantes sumaron dous puntos máis na segunda fase. 

(Artigo en ampliación)

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Hierros Ferreiro segue achegándose ao obxectivo cun triunfo máis esta tempada. Os lucenses venceron ao Estudiantes nun partido menos competido do previso. No primeiro cuarto, o Hierros decantou xa o partido ao seu favor e acabou matando tralo descanso. Os celestes baixaron o ritmo anotador dos rivais con defensas zonais, pero non puideron facer máis.

Dende o segundo posto da lista, o Ría de Ribadeo gañoulle a domicilio ao Narón Naranja. Os mariñaos fixeron un moi bo partido no que tódolos xogadores anotaron punto, destacando os 28 de Dani e os 22 de Pedro.

No outro choque lucense, o do Cidade de Lugo contra o Sarria, os amarelos conseguiron os dous puntos. O conxunto sarriao conseguiu xa unha boa vantaxe na primeira parte e, aínda que a segunda parte foi máis igualada, controlaron a diferenza no marcador ata o final.

NARÓN NARANJA 48 - 78 RÍA DE RIBADEO

Baloncesto Narón Naranja: Antón, Roberto, Daniel, Yasmel, Ricardo, Hugo, Martín e Carlos.
Ría de Ribadeo: Pedro, Iago, Jorge, Iván, Daniel, Juan, Lucas e Iker.
Parciais: 14-22/10-20/12-22/12-14.
Cancha: Campo da Serra.

HIERROS FERREIRO 73 - 49 ESTUDIANTES LUGO

Hierros Ferreiro: Sergio, Alexis, Yishak, Gabriel, Roi, Pablo, Jorge, Néstor, Martín, Victor e David.
Estudiantes Lugo: Daniel, Bernal, Antón, Diego, Santiago, Samuel, Martín, Dieo D, Mateo, Manuel, Ismael e Leo.
Parciais: 23-13/15-12/23-14/12-10.
Cancha: Pazo dos Deportes.

CIDADE DE LUGO 58 - 71 SARRIA

Cidade de Lugo: Tomás, Diego, Rodrigo, Marcos, Iago, Miguel P, Miguel C, Santiago, Anxo, Manuel, Ignacio e Braian.
CB Sarria: Slatel, Xavier, Martín, Sergio, Xabelo, Christian, Antón, Izam, Urko, Uxío e Brais.
Parciais: 10-22/14-19/18-14/16-16.
Cancha: Frigsa.

 

 
2ª JÚNIOR MASCULINA - GRUPO C

Resultados xornada 9

Narón Naranja 48-78 Ría de Ribadeo
Hierros Ferreiro 73-49 Estudiantes
Costa Ártabra A Basket Ferrol
Cidade de Lugo 58-71 Sarria

Próxima xornada

Cidade de Lugo - Narón Naranja
Sarria - Costa Ártabra
Basket Ferrol - Hierros Ferreiro
Estudiantes - Ría de Ribadeo

 

Feminina

Sexto triunfo para o Burela na segunda fase da feminina, que o mantén empatando a puntos co Baxi Ferrol nos primeiros postos. As laranxas gañaron a domicilio ao Artai nun choque máis difícil do que di a diferencia final no marcador. Por momentos defenderon ben, pero en outras permitiron penetracións das rivais e non axustaron o balance. Despois de mellorar esos erros marcaron distancia no marcador ata o 47-71 definitivo.

O Ensino Lugo está dando pasos adiante nesta etapa da competición e esta xornada superou ao Montrove. As lucenses empezaron o partido mandando a través de un grande parcial, pero o equipo rival achegouse no segundo cuarto. Aínda así, o Ensino aguantou o tipo e seguiu aumentando a vantaxe para levarse o triunfo.

Na Copa Premium, o Estudiantes conseguiu o triunfo sobre o Los Rosales. Na primeira metade do partido non foron quen de controlar o rebote, pero os erros das locais permítenlles irse por riba ao descanso. Tralo paso polos vestiarios as celestes comezan a apertar arriba en defensa e romperon o partido. No caso do Cidade de Lugo, se lles escapou por pouco o partido contra o Santo Domingo Betanzos. As lucenses saíron derrotadas por unha diferenza de tan só seis puntos.

ENSINO LUGO 73 - 42 MONTROVE

Ensino Lugo: María, Noa, Sara, Carla, Idaira, Laura e Juliet.
Montrove: Noa, Mar, Noelia, Matilda, Ana, Candela, Clara, Paula e Lara.
Parciais: 16-10/24-14/19-08/14-10.
Cancha: Seminario Menor.

ARTAI 47 - 71 BURELA

Artai: Elena, Nerea, Noemí, Claudia, Irene, Alba e Iria.
Burela: Clara, Sara, Aroa, Candela, Lucía, Cecilia e Paula.
Parciais: 08-23/16-16/10-16/13-16.
Cancha: Monte Neme IES.

LOS ROSALES 37 - 88 ESTUDIANTES

CB Los Rosales: Antía, Abigail, Candela, Carolina, Claudia, Alicia, Sabela, Lucía, Adriana, Iria, Lola e Marta.
Estudiantes Lugo: Leire, Pilar, Ariadna, Naiara, Carmen, Carolina, Maria C, Daniel P, María A e Daniela G.
Parciais: 05-14/18-14/3-34/11-26
Cancha: Los Rosales.

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - 2ª FASE

Resultados xornada 6

Ensino Lugo 73-42 Montrove
Culleredo 54-74 Baxi Ferrol
Artai 47-71 Burela
Básquet Coruña 70-38 Tirso de Molina

Próxima xornada

Tirso de Molina - Ensino Lugo
Artai - Básquet Coruña
Baxi Ferrol - Burela
Montrove - Culleredo

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 6

Pontumio 44-45 Esclavas
Betanzos 49-43 Cidade de Lugo
Obradoiro 40-30 Arteixo
Los Rosales 37-88 Estudiantes

Próxima xornada 

Estudiantes - Pontumio
Arteixo - Los Rosales
Cidade de Lugo - Obradoiro
Esclavas - Betanzos

Más en Segunda Júnior