Comezo da segunda fase feminina e xornada con vitoria para o Ribadeo e o Hierros Ferreiro

Os catro equipos lucenses estrearonse na nova etapa da competición conseguindo catro triunfos, mentres que na masculina o Hierros segue líder, seguido dos da Mariña, que venceron ao Cidade

Non houbo descanso esta fin de semana para a competición zonal da júnior. Na masculina, recolleron vitorias o Ría de Ribadeo e o Hierros Ferreiro e, na feminina, as lucenses estrearon a segunda fase da competición con pleno de triunfos.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Hierros Ferreiro segue liderando a clasificación da competición zonal dos lucenses despois da sexta xornada do curso. Os lucenses asinaron a súa quinta vitoria contra o Costa Ártabra nun dos peores partidos ata o momento. O Hierros tiña a intención de romper o partido ao inicio, pero fallaron moito baixo o aro e tiveron problemas para parar aos xogadores rivais polo interior. No segundo cuarto aumentaron as perdas de balón e as malas defensas non lles permitiron correr en transición. Tralo intermedio foron limando as diferenzas e chegaron ao último cuarto conseguido pequenas vantaxes, pero o Costa Ártabra contestaba sempre con cestas en erros dos visitantes. Martín foi decisivo cunha tripla que propiciou que ao final acabasen levándose os dous puntos.

O outro partido da xornada foi o duelo entre o Cidade de Lugo e o Ribadeo. Os da Mariña comenzaron impoñéndose grazas á súa boa defensa e aos rápidos contraataques de Dani e Pedro que os levaron a irse ao descanso 22 puntos por riba. No resto do partido o Cidade aproveitou o baixón defensivo do Ría, que viu como se foi minguando a súa diferenza no marcador. Malia isto, o Ribadeo levouse a vitoria cun marcador de 73-78 e segue no segundo posto da clasificación.

Esta quenda tamén lles tocaba enfrontarse ao Sarria e ao Estudiantes, pero adiaron o seu partido para a vindeira fin de semana, na que aos conxuntos da categoría lles toca descansar.  

CIDADE DE LUGO 73 - 78 RÍA DE RIBADEO

Cidade de Lugo: Miguel, Diego, Rubén, Rodrigo, Marcos, Iago, Miguel P, Miguel C, Santiago, Anxo, Manuel e Ignacio.
Ría de Ribadeo: Pedro, Iago, Jorge, Iván, Daniel, Martín, Juan, Lucas, Alejandro, Iker e Adrián.
Parciais: 17-19/15-25/20-12/21-12.
Cancha: Frigsa.

COSTA ÁRTABRA 68 - 70 HIERROS FERREIRO

Costa Ártabra: Miguel, David, Lucas, Noe, Cibrán, Miguel, Joel, Antón, Izzan, Santiago, Álvaro e Sergio.
Hierros Ferreiro: Alexis, Yishak, Gabriel, Roi, Pablo, Jorge, Néstor, Martín, Victor e David.
Parciais: 18-16/24-15/11-23/15-16.
Cancha: Casa do Deporte.

 

 
2ª JÚNIOR MASCULINA - GRUPO C

Resultados xornada 6

Narón Naranja ND Basket Ferrol
Sarria A Estudiantes
Cidade de Lugo 73-78 Ría de Ribadeo
Costa Ártabra 68-70 Hierros Ferreiro

Próxima xornada

Hierros Ferreiro - Narón Naranja
Ría de Ribadeo - Costa Ártabra
Estudiantes - Cidade de Lugo
Basket Ferrol - Sarria
 

 

Feminina

Na categoría feminina esta fin de semana empezou a segunda fase da competición. O Burela e o Ensino Lugo clasificáronse no grupo alto e comenzaron os duelos no novo grupo con dúas vitorias. O Ensino Lugo rematou vencendo ao Culleredo na casa por 50-63. Foi un partido no que comenzaron con dúbidas e forense ao descanso por baixo. Porén, aumentaron o ritmo na segunda metade e conseguiron darlle a volta ao marcador e levarse os dous puntos. No caso do Burela, gañou tamén na casa contra o Montrove. As laranxas saíron á pista faltas de intensidade, pero tralo descanso viviron un partido completamente distinto, no cal roubaron balóns e anotaron con facilidade con sete triplas ás costas.

Na Copa Premium participan tanto o Cidade de Lugo coma o Estudiantes, que se estrearon tamén conseguindo os dous puntos. As celestes puxéronse á cabeza da clasificación tras vencer nun partido cómodo ao Arteixo por 78-32. Despois duns primeiros minutos nos que tiveron que corrixir a colocación, comenzaron a tomar o mando do partido cunha boa presión e defensa a media pista. O Cidade séguelle na táboa, tralo triunfo a domicilio contra Los Rosales. As lucenses fixeron unha saída ao partido espectacular na que se marcaron un parcial de 09-18, pero no segundo cuarto atascóuselle a defensa. Malia isto, controlaron o marcador en toda a segunda parte e remataron triunfando por 38-66.

ENSINO LUGO 50 - 36 CULLEREDO

Ensino Lugo: María, Sara, Ainoa, Carla, Idaira, Aroa, Laura, Alicia e Juliet.
Culleredo: Celia, Clara, Alba, Estela, Zaira, Irene, Lucía, Paula, Iria, Carla e Suevia.
Parciais: 09-11/10-10/13-08/18-07.
Cancha: Anexo do Pazo.

BURELA 73 - 51 MONTROVE

Burela: Carla, Alicia, Henar, Sara, Aroa, Candela e Cecilia.
Montrove: Noa, Mar, Rosa, Noelia, Matilda, Ana, Candela, Clara, Sara, Paula e Lara.
Parciais: 11-14/14-11/22-10/26-10.
Cancha: Marzán.

LOS ROSALES 38 - 66 CIDADE DE LUGO

Los Rosales: Antía, Candela, Carolina, Claudia, Alicia, Sabela, Lucía, Adriana, Iria, Lola, Abigail e Marta.
Cidade de Lugo: Demekech, Sabela, Ana Cristina, Sanna, Estrella, Leire, Lefnun, Nuria, Ángela e María.
Parciais: 09-18/16-16/03-19/10-13.
Cancha: Riazor.

ESTUDIANTES 78 - 32 ARTEIXO

Estudiantes Lugo: Leyre, Pilar, Carmen, Naiara, Cristina, Carolina, María, Daniela P, María e Daniela G.
CB Arteixo: Paula, Elisa, Sofía, Xoana, Antía, Icia, Paloma, Alba, Sabela e Alba V.
Parciais: 14-07/22-02/24-15/18-08.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - 2ª FASE

Resultados xornada 1

Ensino Lugo 50-36 Culleredo
Burela 73-51 Montrove
Básquet Coruña 56-76 Baxi Ferrol
Tirso de Molina 30-46 SS Artai

Próxima xornada

SS Artai - Ensino Lugo
Baxi Ferrol - Tirso de Molina
Montrove - Básquet Coruña
Culleredo - Burela

 

 
2ª JÚNIOR FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 1

Pontumio 36-58 Betanzos
Obradoiro 40-60 Esclavas
Los Rosales 38-66 Cidade de Lugo
Estudiantes 78-32 Arteixo

Próxima xornada 

Arteixo - Pontumio
Cidade de Lugo - Estudiantes
Esclavas - Los Rosales
Betanzos - Obradoiro

Más en Segunda Júnior