O Estudiantes e o Burela conseguen meterse na fase final polo ascenso á Galega

Ambos equipos da Segunda júnior remataron no primeiro posto da fase de grupos e o sábado loitarán por conseguir dúas das tres prazas libres da Primeira

A fase de grupos da loita polo ascenso á Primeira júnior feminina rematou esta fin de semana coa clasificación do Estudiantes e do Burela para a final. O vindeiro sábado ambos equipos da provincia intentarán quedarse con unha das tres prazas que se dispoñen da Galega. As celestes terán que enfrontarse ao Miralba Celta e as da Mariña ao Carmelitas.  

O conxunto da capital provincial quedou na cabeza do grupo A despois de superar ao Peleteiro esta fin de semana no Anexo do Pazo. Disputaron un partido igualado en todo momento, as visitantes saíron cunha defensa en zona moi pechada que fixo que ás do Estudiantes lle costara anotar. Co paso dos minutos foron encontrando os ocos para achegarse máis á cesta rival e conseguiron irse ao descanso con oito puntos de vantaxe. No terceiro cuarto parecía que as lucenses podían romper o partido, pero o Peleteiro volve apertar atrás e métense no partido. No tramo final as de Santiago de Compostela meten un par de triplas, pero as lucenses conseguen controlar o marcador ata levarse a vitoria.

No caso do Burela, remataron liderando o grupo D cun triunfo soberbio ante o Inmoponte. As laranxas romperon o partido xa no primeiro cuarto e mantiveron o control en todo o momento. Cun marcador de 55-15 ao descanso, enfocáronse en practicar cousas para a fase final como o peche en rebote defensivo, xa que, a pesar da calidade do equipo, non goza de moita altura. 

ESTUDIANTES 45 - 37 PELETEIRO

Estudiantes Lugo: López C, Menor I, Menor N, Gallego C, Paz C, Lameiro A, Cordo M, Mesa L, Álvarez A, Abello A, Álvarez P.
Peleteiro: Castro P, Pinaque A, Muntaner M, Filgueiras X, Rivas L, Boo M, Leza C, Crecente C, Pino S, Suárez R e Iglesias N.
Parciais: 11-08 / 10-05 / 15-10 / 09-14.
Cancha: Pazo Anexo.

                                

BURELA 90 - 33 CAB INMOPONTE

Burela: Cobas H, Sánches E, Pedreira S, Villarmea C, Pérez L, De Jorge C, Alonso L, Alonso M, Rodil P, Martíns C e Pérez A.
CAB Inmoponte: Silvia M, Lendoiro C, Raposeiras C, Adrio A, Monteagudo U, Alfonsin D, Rodríguez A, Montagut S, Wang L e López N.
Parciais: 40-06 / 15-09 / 17-12 / 18-06.
Cancha: Vista Alegre.

 

2ª JÚNIOR FEMININA - FASE DE ASCENSO GRUPO A

Resultados xornada 3

Estudiantes 45-37 Peleteiro
  D Culleredo

     

Consulta a clasificación aquí

 

2ª JÚNIOR FEMININA - FASE DE ASCENSO GRUPO D

Resultados xornada 3

Burela 90-33 CAB Inmoponte
Básquet Coruña 60-38 Noia

     

Consulta a clasificación aquí