O xoves o Franciscanos levouse os dous puntos no duelo pendente contra o María Auxiliadora

Aínda que a competición provincial tivo descanso esta fin de semana, a infantil feminina celebrou un encontro adiado

A competición provincial está a piques de rematar a liga regular e os conxuntos de Lugo aproveitaron esta semana de Entroido para descansar, agás o Franciscanos e o María Auxiliadora, que se enfrontaron na feminina.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

Faltando tres xornadas para pechar a liga regular, o Franciscanos e o María Auxiliadora puxéronse ao día celebrando o choque que tiñan pendente dende a xornada número tres, correspondente ao mes de novembro. O duelo, celebrado no colexio de Salesianos, rematou a favor das locais, cun resultado de 60-10. O Franciscanos, ocupa a segunda posición da lista, detrás do Cidade de Lugo e por diante do Viveiro.

 
2ª INFANTIL FEMININA

Resultado partido pendente

Franciscanos 60-10 María Auxiliadora

Próxima xornada

Franciscanos - Celtas de Foz
María Auxiliadora - Cidade de Lugo
Viveiro - Ensino Lugo
  D Estudiantes


Masculina

Á competición masculina quédanlle tamén tres xornadas para despedise da liga regular. O Estudiantes encabeza a clasificación con 22 puntos e a vindeira fin de semana enfrontarase contra o Maristas coma visitante. No segundo e terceiro posto están o Sarria e o Cidade de Lugo. Os amarelos actuarán coma locais ante o Celtas de Foz, mentres que o Cidade será forasteiro contra o Galén. O Viveiro e o Ensino Lugo disputarán o seu duelo na Mariña.

 
2ª INFANTIL MASCULINA

Próxima xornada

Sarria - Celtas de Foz
Galén Ensino - Cidade de Lugo
Maristas Lugo - Estudiantes
Viveiro - Ensino Lugo

 

 

Más en Segunda Infantil