O Fingoi e o Sarria conseguen levarse a Copa Premium

Na masculina o Cidade de Lugo Fingoi impúxose ao Viveiro, mentres que na final feminina as amarelas superaron ao Cidade de Lugo

Copa Premium 

Masculina

O Cidade de Lugo Fingoi alzouse coa Copa Premium despois de superar ao Viveiro na final celebrada en Vilalba. O partido comezou con pouca anotación, pero no segundo cuarto un parcial de 32-05 a favor do Fingoi decantaba o partido. O Viveiro conseguiu recortar distancias no último cuarto, pero non chegaron a igualar o marcador e o Cidade rematou campión.

O terceiro posto quedou para o Melmar IES Sanxillao, que conseguiu impoñerse ao Estudiantes. No inicio do partido os dous equipos mantivéronse igualados, mais á volta do intermedio o Melmar conseguiu un parcial de 02-21 que foi decantando a balanza. No último cuarto o Sanxillao aguantou a distancia e acabou vencendo por 40-64.

CIDADE DE LUGO FINGOI 68 - 51 VIVEIRO

Cidade de Lugo Fingoi: Aldán, Andrés, Luis, Alejandro, José Antonio, Densamo, Rafael, Brais, Álvaro, Julio e Leandro.
CB Viveiro: Roque, Noah, Mario, Xalo, Daniel, Daniel G, Carlos, Mateo, Rubén, Teo, Álvaro e Pablo.
Parciais: 12-08/32-05/19-13/05-25.
Cancha: Vilalba.

ESTUDIANTES 40 - 64 MELMAR SANXILLAO

Estudiantes Lugo: Adán, Dámaso, Dylan, Adrián, Manuel, Adrián, Hugo, Manuel M, Adam e Gonzalo.
Melmar CB IES Sanxillao: Hugo, Damián, Samuel, David, Martín, Brais e Antón.
Parciais: 08-11/14-13/02-21/16-19.
Cancha: Frigsa.

 

Final

Cidade de Lugo Fingoi 68 51 Viveiro

3º e 4º posto

Estudiantes 40 64 Melmar Sanxillao

 

Feminina

A Copa Premium na categoría feminina foi para o Sarria. O cadro amarelo enfrontouse en Rábade ao Cidade de Lugo e acabou impoñéndose por 64-52. O duelo comezou moi parello, incluso o primeiro parcial rematou 15-15. O Sarria conseguiu irse ao descanso seis puntos por diante e saíu á pista trala pausa con gañas de máis. Conseguiron un parcial de 18-09 e manexaron ben a distancia ata acabar vencendo.

O Estudiantes colgouse o bronce tras superar ao Maristas Lugo coma visitante. No inicio do partido houbo alternativas para ambos, pero as celestes foron decantando o marcador ao seu favor e acabaron vencendo por 33-42.

SARRIA 64 - 52 CIDADE DE LUGO

CB Sarria: Sara, Helena, Aroa, Jimena, Noa, Elena, Andrea, Martina, Abril, María, Marina e AInhoa.
Cidade de Lugo: Noa, Claudia, Ana María, Miriam, Carmen, Marta, Julia, Sara, Leire e Rose Milagrosa.
Parciais: 15-15/18-12/18-09/13-16.
Cancha: Rábade. 

MARISTAS LUGO 33 - 42 ESTUDIANTES

Maristas Lugo: Sofía, Carla, Sara, María, Sofía, Alba, Cristina, Carlota e Juliany. 
Estudiantes Lugo: Mara, Rosalía, Gador, Galia, Sara, Laura, María, Olivia, Alba, Carlota, Daniela e Ania.
Parciais: 08-10/10-14/06-08/09-10.
Cancha: Frigsa.

 

Final

Sarria 64 52 Cidade de Lugo

3º e 4º posto

Maristas Lugo 33 42 Estudiantes