A provincial masculina comeza a conta atrás para o peche da primeira fase

Aos conxuntos lucenses quédalles un mes de liga regular, na que polo momento o Estudiantes segue liderando

A falta de tres xornadas para pechar a competición masculina, o Estudiantes continua invicto. Na feminina, enfrontáronse os dous mellores clasificados e o Cidade de Lugo levouse o triunfo.

Consulta as clasificacións aquí


Masculina

O Estudiantes segue no alto despois de conseguir a vitoria número 11 contra o Galén Ensino. Os celestes leváronse a vitoria cun marcador de 71-21 coma locais. O Sarria, que lles segue no segundo posto, tamén conseguiu unha vitoria na casa esta xornada contra o Maristas Lugo, por 50-40. O terceiro triunfo da fin de semana foi para o Cidade de Lugo, que se impuxo ao Viveiro por 69-44. O duelo entre o Celtas de Foz e o Ensino Lugo foi adiado.

 
2ª INFANTIL MASCULINA

Resultados xornada 11

Celtas de Foz A Ensino Lugo
Cidade de Lugo 69-44 Viveiro
Estudiantes 71-21 Galén Ensino
Sarria 50-40 Maristas Lugo

Próxima xornada

Sarria - Celtas de Foz
Galén Ensino - Cidade de Lugo
Maristas Lugo - Estudiantes
Viveiro - Ensino Lugo

 

Feminina

Na feminina, o Cidade de Lugo acumula 19 puntos tras gañarlle o partido ao seu rival directo o Viveiro. O duelo celebrado na capital provincial estivo moi igualado e rematou cun taboleiro de 33-31. No terceiro posto, o Franciscanos descansou esta semana, co que agora empata a puntos co Estudiantes, que superou ao María Auxiliadora por 73-32. O Celtas de Foz conseguiu o cuarto triunfo do curso ao gañar ao Ensino Lugo cun resultado de 52-28.

 
2ª INFANTIL FEMININA

Resultados xornada 11

Celtas de Foz 52-28 Ensino Lugo
Cidade de Lugo 33-31 Viveiro
Estudiantes 73-32 María Auxiliadora
  D Franciscanos

Próxima xornada

Franciscanos - Celtas de Foz
María Auxiliadora - Cidade de Lugo
Viveiro - Ensino Lugo
  D Estudiantes

 

Más en Segunda Infantil