O Ensino, na masculina, e o Burela, na feminina, rematan campións provinciais

Os vermellos superaron ao Cidade de Lugo, mentres que as laranxas se impuxeron na final ao Sarria

Masculina 

Final Liga Regular

Esta fin de semana celebrouse a final a ida e volta da liga regular infantil. Na categoría masculina enfrontáronse o Cidade de Lugo Fingoi e o Ensino polo ouro, que acabou caendo do lado dos ensinistas. O equipo do Fingoi actuou coma local no primeiro partido e tivo que intentar igualar o alto ritmo que impuxo o equipo visitante, que logrou meter 32 puntos no primeiro período. No segundo e terceiro período igualouse o duelo, o Cidade fixo unha defensa máis cerrada e ao Ensino custoulle mais atacar. No último cuarto os ensinistas volveron recuperar os ataques rápidos e fóronse no marcador ata o 47-88 definitivo.

En canto ao partido de volta, co Ensino coma local, a primeira parte estivo moi igualada. Os do Cidade intentaron darlle calma ao duelo, para así manterse na eliminatoria e o marcador foise igualado ao descanso. Na segunda metade os de Óscar Engroba recuperaron as sensacións do partido do sábado, impuxeron un alto ritmo para acabar sentenciando o ouro cun marcador de 72-49. Os vermellos clasificanse así de novo para a fase de ascenso a Primeira.

Consulta a clasificación aquí

CIDADE FINGOI 47 - 88 ENSINO

Cidade de Lugo Fingoi: Aldán, Andrés, Luis, Alejandro, José A, Densamo, Alejandro, Brais, Álvaro, Julio e Leandro.
Ensino: Pablo, Martín, Izán, Miguel, Diego, Manuel, Aram, Alberto e Aitor.
Parciais: 11-32/13-17/16-13/07-26.
Cancha: Anexo do Pazo.

ENSINO 72 - 49 CIDADE FINGOI

Cidade de Lugo Fingoi: Pablo, Martín, Izán, Miguel, Diego, Manuel, Aram, Alberto e Aitor.
Ensino: Aldán, Andrés, Luis, Bruno, Alejandro, José A, Dénsamo, Alejandro, Brais, Álvaro, Julio e Leandro.
Parciais: 16-15/20-21/16-04/20-09.
Cancha: Anexo do Pazo.


Resultado ida

Cidade Fingoi 47 88 Ensino

Resultado volta

Ensino 72 49 Cidade Fingoi

 

Feminina 

Final Liga Regular

Na categoría deminina enfrontaronse o Burela e o Sarria nunha eliminatoria moi competida, pero as da Mariña conseguiron o premio. No partido de ida celebrado no Vista Alegre viuse moito ritmo, pero as locais conseguiron levarse o partido grazas á renda que conseguiron no primeiro parcial. 

No partido do domingo no Novo Pavillón do Chanto o Burela saíu mellor, pero trala pausa o Sarria amosou a súa clara intención de darlle a volta á eliminatoria. Con isto, conseguiron poñerse por diante no marcador e acabáronse levando o partido por 59-51. Porén, a diferenza non foi suficiente e o Burela rematou campión.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 74 - 62 SARRIA

Burela: Natalia, Helena, Leire, Alina, Paula, Ruth, Antía, Brenda e Sara.
CB Sarria: Sara, Helena, Aroa, Jimena, Noa, Elena, Alicia, Andrea, Martina, Abril, María G e Marina.
Parciais: 26-12/16-21/18-11/14-18.
Cancha: Vista Alegre.

SARRIA 59 - 51 BURELA

CB Sarria: Sara, Helena, Aroa, Jimena, Elena, Alicia, Andrea, Martina, Abril, María, Marina e Ainhoa.
Burela: Natalia, Helena, Leire, Alina, Paula, Antía, Brenda, Julia e Sara.
Parciais: 07-13/13-12/26-16/13-10.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.


Resultado ida

Burela 74 62 Sarria

Resultado volta

Sarria 59 51 Burela

Más en Segunda Infantil