O comezo da segunda volta mantén aos mesmos cabezas de lista na provincial infantil

O Estudiantes, na masculina, e o Franciscanos, na feminina, conseguiron levarse os dous puntos nos seus encontros contra o Cidade de Lugo e o Ensino Lugo, respectivamente

A provincial infantil masculina comeza a segunda volta co Estudiantes á cabeza e invicto. Na feminina lidera o Franciscanos, pero o Viveiro mantense invicto cun partido menos.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Cidade de Lugo recibiu o domingo ao líder da lista, o Estudiantes, quen o superou cun taboleiro de 50-85. Os celestes comezan a segunda volta manténdose invictos e seguidos do Sarria e o Ensino Lugo, con 14 e 13 puntos, respectivamente. Ambos os dous equipos enfrontáronse esta xornada e foron os amarelos quen conseguiron afastarse na clasificación ao gañarlles por 21-60.

Ao pé do podio está o Viveiro, que foi mellor que o Maristas Lugo no seu duelo celebrado na Mariña, que rematou cun resultado de 43-38. Nos derradeiros postos da lista están o Galén Ensino e o Celtas de Foz, que se enfrontaron esta semana papra rematar con vitoria dos da capital.

 
2ª INFANTIL MASCULINA

Resultados xornada 8

Galén Ensino 48-35 Celtas Foz
Viveiro 43-38 Maristas Lugo
Ensino Lugo 21-60 Sarria
Cidade de Lugo 50-85 Estudiantes

Próxima xornada

Celtas Foz - Cidade de Lugo
Estudiantes - Ensino Lugo
Sarria - Viveiro
Maristas Lugo - Galén Ensino

 

Feminina

Na feminina, o Franciscanos lidera a clasificación con 13 puntos, pero o Viveiro con 12 e un partido menos mantense invicto. Esta fin de semana as da Mariña descansaron, mentres que as do Franciscanos conseguiron superar ao Ensino Lugo por 39-53. 

O Cidade de Lugo, terceiro clasificado, impúxose ao Estudiantes coma local cunha diferenza de seis puntos. O cuarto é o Celtas Foz, que superou ao María Auxiliadora a domicilio por 20-59.

 
2ª INFANTIL FEMININA

Resultados xornada 8

María Auxiliadora 20-59 Celtas Foz
Ensino Lugo 39-53 Franciscanos
Cidade de Lugo 41-35 Estudiantes
  D Viveiro

Próxima xornada

Celtas Foz - Cidade de Lugo
Estudiantes - Ensino Lugo
Franciscanos - Viveiro
  D María Auxiliadora