O descanso na infantil provincial foi aproveitado para disputar tres partidos pendentes

O Cidade de Lugo venceu ao Celtas nas dúas categorías e o Ensino superou tamén na casa ao Viveiro

A fin de semana sen xornada fixo que varios equipos da provincial puideran resolver contas pendentes. 

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

Na categoría masculina, celebráronse dos encontros adiados. O primeiro foi o choque entre o Cidade de Lugo e o Celtas Foz, partido pendente da segunda xornada. Os da capital superaron na casa ao equipo da Mariña cun resultado de 73-46. O outro duelo foi o do Ensino contra o Viveiro, partido da quinta xornada que rematou a favor tamén dos locais, que gañaron por 39-28. Polo momento, o podio segue ocupado polo Estudiantes, o Sarria e o Maristas Lugo e, no cuarto lugar, queda o Ensino Lugo, seguido polo Cidade. O Viveiro e o Celtas pechan a clasificación.

 
2ª INFANTIL MASCULINA

Resultados 

Cidade de Lugo 73-46 Celtas Foz
Ensino 39-28 Viveiro

Próxima xornada 

Celtas Foz - Viveiro
Galén Ensino - Ensino Lugo
Maristas Lugo - Cidade de Lugo
Sarria - Estudiantes

Feminina

Na feminina repetiuse o Cidade de Lugo Celtas Foz, correspondente á xornada 2, con vitoria tamén para as da capital cun resultado de 61-36. O resultado deixa ao Cidade de Lugo no terceiro posto, detrás do Franciscanos, co que empata a puntos e do Viveiro, líder da clasificación. O Celtas Foz ocupa o sexto lugar, cos mesmos puntos que o Ensino Lugo.

 
2ª INFANTIL FEMININA

Resultados 

Cidade de Lugo 61-36 Celtas Foz

Próxima xornada 

Celtas Foz - Viveiro
María Auxiliadora - Ensino Lugo
Franciscanos - Estudiantes Lugo
  D Cidade de Lugo

Más en Segunda Infantil