Parón polo Entroido no comezo da liga regular infantil lucense

Os equipos da provincia descansaron esta fin de semana trala primeira xornada e volverán á pista coa celebración da segunda
Unha imaxe de arquivo do partido da primeira xornada de liga entre o Estudiantes e o Burela. Foto: Fernando Lugilde
photo_camera Unha imaxe de arquivo do partido da primeira xornada de liga entre o Estudiantes e o Burela. Foto: Fernando Lugilde

Feminina 

Liga Regular Grupo 1

Despois do comezo da liga regular da Segunda infantil o Entroido deu pausa á competición. No grupo 1 da feminina o Maristas Lugo, o Burela e o Cidade de Lugo gañaron os primeiros encontros e na segunda xornada enfrontaranse o Cidade e o Burela. O Maristas será visitante ante o Ensino 2011, mentres que o IES Sanxillao e o Estudiantes buscaran a súa primeira vitoria no seu duelo.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Ensino 2011 - - Maristas Lugo
IES Sanxillao - - Estudiantes
Burela - - Cidade de Lugo

 

Liga Regular Grupo 2

No grupo 2 ata o momento só leva unha vitoria o Sarria, que se enfrontará contra o Ensino Lugo na segunda xornada. O Franciscanos estrearase na liga contra o IES Sanxillao, que perdeu no seu primeiro choque. Ao Viveiro tocaralle descansar.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Melmar IES Sanxillao - - Franciscanos
Sarria - - Ensino Lugo
  D Viveiro

 

Masculina 

Liga Regular Grupo 1

Na categoría masculina o Estudiantes lidera o grupo 1 e a vindeira xornada enfrontarase ao Ría de Ribadeo. O Ensino tamén conseguiu un triunfo na estrea da liga regular e a vindeira quenda xogará contra o Cidade de Lugo, que por agora é ultimo. O Viveiro será local contra o Hierros Ferreiro.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Estudiantes - - Ría de Ribadeo
Cidade de Lugo - - Ensino
Viveiro - - Hierros Ferreiro

 

Liga Regular Grupo 2

No grupo 2 o Galén Ensino conseguiu a vitoria máis avultada na primeira xornada e na próxima tentará repetir o resultado contra o Melmar IES Sanxillao. O Burela 2010 loitará por seguir invicto contra o Bolboreta IES Sanxillao, o mesmo que fará o Cidade de Lugo contra o Burela 2011.

Consulta a clasificación aquí


Próxima xornada

Bolboreta IES Sanxillao - - Burela 2010
Melmar IES Sanxillao - - Galén Ensino
Burela 2011 - - Cidade Fingoi