O Viveiro certificou a súa segunda vitoria gañando ao Celtas no adiado da xornada seis

O duelo costeiro estivo bastante igualado, pero un moi bo derradeiro parcial decantou o choque definitivamente de cara aos locais

Aínda que non se retomou a competición nas categorías provinciais, a infantil masculina foi unha das listas onde se recuperaron duelos pendentes.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Viveiro e o Celtas de Foz cerran a clasificación da Segunda infantil e o sábado celebraron o seu partido adiado da sexta xornada. O duelo mantívose igualado, con vantaxes sempre para o equipo visitante, que non conseguiu despegarse no marcador ata o tramo final, no que asinou un parcial de 10-18. Ao Viveiro tocaralle outro rival próximo na lista cando se retome a competición a vindeira semana, o Galén. O Celtas terao máis complicado, posto que viaxará para enfrontarse contra o Estudiantes, líder da táboa. O Sarria, segundo clasificado, disputará o partido contra o Cidade coma visitante, ao igual que o Maristas contra o Ensino Lugo.
 
2ª INFANTIL MASCULINA

Resultado

Celtas Foz 40-46 Viveiro

Próxima xornada

Estudiantes - Celtas Foz
Cidade de Lugo - Sarria 
Ensino Lugo - Maristas Lugo
Viveiro - Galén Ensino

Feminina

Na feminina, é precisamente o Viveiro quen manda na lista, con dez puntos á cabeza. As da Mariña arrancarán o ano na casa contra o María Auxiliadora, último clasificado. O Franciscanos, segundo clasificado, será recibido polo Cidade de Lugo e o Estudiantes fará de anfitrión contra o Celtas de Foz na sétima xornada.
 
2ª INFANTIL FEMININA

Próxima xornada

Estudiantes - Celtas Foz
Cidade de Lugo - Franciscanos
Viveiro - María Auxiliadora
  D Ensino Lugo


 

Más en Segunda Infantil