O equipo feminino do Estudiantes conseguiu o ascenso á Primeira

Pola contra, o cadro masculino quedou eliminado despois de volver ser derrotado polo Básquet Coruña U16

Fase de Ascenso 

Feminina

O Estudiantes cadete feminino conseguiu a praza na Primeira. As celestes xogaran a fin de semana pasada contra o Baxi Ferrol a domicilio e impuxéranse por 54-65. O partido correspondente á ida celebrouse o venres no Anexo do Pazo e o equipo de Lugo asegurou a eliminatoria vencendo cun amplo marcador de 97-43.

As celestes fixeron un dos mellores partidos da tempada no momento idóneo, mantiveron unha moi boa defensa dende o inicio, que lles fixo estar seguras en ataque, onde tamén dispuxeron de moito acerto. O partido comezou cun parcial de 13-0 que decantou a balanza ao seu favor. O xogo alegre do Estudiantes as mantivo por riba no marcador ata certificar o ascenso cun resultado de 97-43. 

Coa praza no peto, enfrontaranse na final ao Salesianos Vigo A, que tamén ten xa certificado o ascenso.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 97 - 43 BAXI FERROL

Estudiantes Lugo: Carlota, Noa, María, Marina, Valle, Alicia, Arianny, Marina, Candela, Rosa e Cayetana.
Baxi Ferrol: Sabela, Sofía, Lucía Z, Lucía G, Sara, Mara, Inés, Paula, Sabela, Dafne, Sofía C e Sofía G.
Parciais: 24-12/31-03/17-15/25-13.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Semifinais ida

Salesianos Vigo A 58 43 Compostela
Estudiantes 97 43 Baxi Ferrol
 

Semifinais volta

Compostela 36 49 Salesianos Vigo A
Baxi Ferrol 54 65 Estudiantes

 

Masculina

Na categoría masculina o Estudiantes despediuse da fase de ascenso, despois de volver ser derrotado polo Básquet Coruña U16. O duelo celebrado en Riazor foi moi igualado na primeira parte, minutos onde os celestes competiron de ti a ti contra un rival superior.

Na segunda metade os locais comezaron con moito acerto, abrindo unha fenda no marcador difícil de reverter para o conxunto de Pablo Abuín. O Estudiantes intentouno ata o final, pero non tivo moito acerto e finalmente foi superado cun marcador de 76-52.

Consulta a clasificación aquí

BÁSQUET CORUÑA U16 76 - 52 ESTUDIANTES

Básquet Coruña U16: Nicolás, Antonio, Fasil, Diego, Pablo, Mauro, Fernando, Pablo S, Luka, Fiz e Anxo.
Estudiantes Lugo: Nicolás, Jacobo, Pablo, Javier, Sergio, Mateo, Lucas, Juan, Mikel e Lucas L.
Parciais: 22-19/21-15/23-04/10-14.
Cancha: Riazor.

 

Semifinais ida

Estudiantes 65 88 Básquet Coruña U16
Ourense 79 60 Básquet Coruña U15

Semifinais volta

Básquet Coruña U16 76 52 Estudiantes
Básquet Coruña U15 44 52 Ourense

 

Copa Premium 

Masculina

En canto a Copa Premium, esta fin de semana disputáronse os partidos de volta de cuartos. O Ensino tiña practicamente asegurado o pase ás semis e esta quenda, na casa, non defraudou. Os da capital volveron a impoñerse cun grande marcador sobre o Melmar Sanxillao, cunha diferenza de máis de 100 puntos. Outro candidato que xa tiña case no peto a clasificación era o Cidade de Lugo, que xogando coma local deixou ao Estudiantes Rojo cun marcador de 97-68.

O Viveiro logrou darlle a volta á eliminatoria, vencendo ao Sarria por 67-39. Aínda que os amarelos gañaran na ida por cinco puntos, esta vez o cadro da Mariña puxo o mono de traballo e conseguiu vencer cunha diferencia suficiente para meterse nas semis. O duelo de ida entre o Estudiantes Azul e o Celtas (70-78) deixaba bastante aberta a eliminatoria, mais os da Mariña, na casa, foron letais e venceron por 76-52.

ENSINO 134 - 23 MELMAR SANXILLAO

Ensino Lugo: Martín, Kevin, Izán, Gerardo, Sergio, Unai, Julián e Álvaro.
Melmar CB IES Sanxillao: Marcos, Anuar, Igor, Nicolás, Pedro, Martín, Joel, Joao, Daniel e Hugo.
Parciais: 26-08/38-02/30-02/40-11.
Cancha: Anexo do Pazo.

VIVEIRO 67 - 39 SARRIA

CB Viveiro: Ángel, Victor, Roque, Juan, Daniel, Daniel G, Carlos, Miguel, Felipe e Óscar.
CB Sarria: Diego, David, Gael, Alejandro, Andrés, Xandre, Manuel, Gustavo, Daniel, Izan e Iago.
Parciais: 16-09/15-07/16-13/20-10.
Cancha: Viveiro.

CIDADE DE LUGO 97 - 68 ESTUDIANTES ROJO

Cidade de Lugo: Mateo, Rubén, Juan, Mesfin, Marcos, Javier, David, Mateo F e Pablo.
Estudiantes Lugo Rojo: Martín, Santiago, Mateo, Álvaro, Izan, Duarte, Iker, Andrés e Kevin.
Parciais: 26-22/25-21/25-06/21-19.
Cancha: Anexo do Pazo.

CELTAS 76 - 52 ESTUDIANTES AZUL

Celtas Foz: Mario, Hugo, Esteban, Illan, Iván. Daniel e Álvaro.
Estudiantes Lugo Azul: Iker, Ángel, Sergio, Adrián, Mikel e Héctor.
Parciais: 26-15/14-13/18-16/18-08.
Cancha: Marzán.

 

Ida cuartos

Melmar Sanxillao 12 114 Ensino
Sarria 58 63 Viveiro
Estudiantes Rojo 46 66 Cidade de Lugo
Estudiantes Azul 70 78 Celtas Foz

Volta cuartos

Ensino 134 23 Melmar Sanxillao
Viveiro 67 39 Sarria
Cidade de Lugo 97 68 Estudiantes Rojo
Celtas Foz 76 52 Estudiantes Azul