O Estudiantes imponse no primeiro duelo da semifinal feminina

Na masculina, o conxunto celeste caeu na casa contra o Básquet Coruña

Fase de Ascenso 

Feminina

Continúa a loita polo ascenso a Primeira e o Estudiantes conseguiu unha nova vitoria no primeiro duelo das semifinais. As celestes xogaron en Ferrol contra o Baxi un partido irregular que acabaron vencendo por 54-65.

Dende o inicio estiveron ben en ataque, pero no en defensa, xa que concederon demasiado no rebote. Isto fíxolles ir por detrás no marcador ata que unha incrible reacción do conxunto de Lugo propiciou que, a través da defensa, conseguiran remontar o duelo.

Consulta a clasificación aquí

BAXI FERROL 54 - 65 ESTUDIANTES

Baxi Ferrol: Sofía, Lucía, Sara, Mara, Inés, Paula, Sabela S, Sabela R, Dafne e Sofía.
Estudiantes Lugo: Carlota, Noa, María, Marina, Valle, Alicia, Arianny, Marina, Claudia, Candela e Cayetana.
Parciais: 17-20/09-16/21-08/07-21.
Cancha: Municipal de Esteiro.

 

Semifinais ida

Salesianos Vigo A 58 43 Compostela
Estudiantes - - Baxi Ferrol
 

Semifinais volta

Compostela - - Salesianos Vigo A
Baxi Ferrol 54 65 Estudiantes

 

Masculina

Na categoría masculina o Estudiantes perdeu no primeiro partido das semifinais contra o Básquet Coruña U16. Os lucenses enfrontaron o partido con baixas importantes e notaron a superioridade física do equipo da Coruña.

A presión a toda a pista dos visitantes goi moi efectiva e en moitas ocasións ao límite do regulamento, o que sacou do partido aos celestes por momentos. Aínda así o Estudiantes seguiu loitando ata o final, cando se pechou o partido cun taboleiro de 65-88.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 65 - 88 BÁSQUET CORUÑA U16

Estudiantes Lugo: Nicolás, Jacobo, Pablo, Javier, Andrés, Sergio, Mateo, Rodrigo, Juan, Mikel e Lucas.
Básquet Coruña U16: Nicolás, Antonio, Fasil, Diego, Pablo, Mauro, Fernando, Pablo S, Luka, Fiz e Anxo.
Parciais: 17-27/16-19/09-25/23-17.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Semifinais 

Estudiantes 65 88 Básquet Coruña U16
Ourense 79 60 Básquet Coruña U15

Semifinais 

 
Básquet Coruña U16 - - Estudiantes
Básquet Coruña U15 - - Ourense

 

Copa Premium 

Masculina

En canto a Copa Premium, esta fin de semana hai pausa na competición, mais a vindeira quenda celebraranse os partidos de volta dos cuartos de final.

O Ensino ten practicamente asegurado o pase a semis, mais o Cidade de Lugo tamén conseguiu unha boa distancia ante o Estudiantes Rojo no duelo de ida.

Porén, os partidos Sarria-Viveiro e Estudiantes Azul-Celtas foron moi igualados, co que aínda queda a eliminatoria bastante aberta para o choque de volta.

Resultados ida cuartos

Melmar Sanxillao 12 114 Ensino
Sarria 58 63 Viveiro
Estudiantes Rojo 46 66 Cidade de Lugo
Estudiantes Azul 70 78 Celtas Foz

Volta cuartos

Ensino - - Melmar Sanxillao
Viveiro - - Sarria
Cidade de Lugo - - Estudiantes Rojo
Celtas Foz - - Estudiantes Azul