O Estudiantes pasa a semifinais cos seus dous equipos

Esta fin de semana tamén se estreou a Copa Premium para a categoría masculina 

Fase de Ascenso 

Feminina

O Estudiantes segue vivo na fase de ascenso despois do partido de volta dos cuartos da eliminatoria. O cadro feminino do conxunto celeste enfrontouse en Ourense contra o Carmelitas e, aínda que saíu derrotado, pasou ás semifinais grazas ao basketaverage.

O primeiro cuarto estivo dominado polas locais, tras unha mala saída á pistas das lucenses, que estiveron desacertadas en ataque, fronte ao bo control de rebote das de Vedruna. O segundo cuarto foi diferente, grazas ao traballo defensivo o Estudiantes conseguiu atacar mellor e meteuse no partido.

Despois do intermedio o partido igualouse moito, o Carmelitas deu un empuxón que fixo que conseguiran adiantarse, pero as celestes seguiron insistindo para que non escaparan demasiado e así seguir vivas na competición.

Consulta a clasificación aquí

CARMELITAS 66 - 58 ESTUDIANTES

Carmelitas Ourense: Leire, Candela, Ana, Carolina, Laura, María, Nika, Uxía e Sara.
Estudiantes Lugo: Carlota, Noa, Marina, Valle, Alicia, Arianny, Marina, Claudia, Candela, Rosa e Cayetana.
Parciais: 24-08/09-15/15-18/18-17.
Cancha: Vedruna.

 

Resultados ida cuartos

Estudiantes 76 66 Carmelitas Ourense
Arxil A 45 49 Salesianos Vigo A
Montrove 46 46 Compostela
BAXI Ferrol 69 42 Defensores do Morrazo

Resultados volta cuartos 

Salesianos Vigo A 54 43 Arxil A
Defensores do Morrazo 31 72 Baxi Ferrol
Compostela 48 29 Montrove
Carmelitas Ourense 66 58 Estudiantes

Semifinais 

Salesianos Vigo A - - Compostela
Estudiantes - - Baxi Ferrol

 

Masculina

Na categoría masculina o Estudiantes tamén logrou gañar ao Sigaltec, pero esta vez foi un partido mais disputado. Os celestes empezaron moi ben o duelo, facendo un bo primeiro parcial, pero baixaron a intensidade e os locais metéronse no partido. 

Houbo moito contacto e iso por momentos complicaba as cousas, pero o equipo de Lugo conseguiu repoñerse para sacar o partido adiante. A eliminatoria nunca peligrou, pois tiñan moita diferenza do partido de ida, e ao final acabaron vencendo por 49-54.

Consulta a clasificación aquí

SIGALTEC 49 - 54 ESTUDIANTES

Sigaltec: José, Marcos, César, Roi, Ramón, Pedro, Rodrigo, Rubén, Manuel e Jeremías.
Estudiantes Lugo: Nicolás, Jacobo, Pablo, Javier, Andrés, Sergio, Mateo, Lucas, Juan e Lucas L.
Parciais: 12-16/10-13/14-10/13-15.
Cancha: Fontecarmoa.

 

Resultados volta cuartos

Estudiantes 78 45 Sigaltec
Obradoiro Vedra 68 60 Ourense
Seis do Nadal Coia 64 68 Básquet Coruña U16
Costa Ártabra 66 70 Básquet Coruña U15

Resultados volta cuartos

Básquet Coruña U15 75 65 Costa Ártabra
Básquet Coruña U16 67 53 Seis do Nadal Coia
Ourense 59 55 Obradoiro Vedra
Sigaltec 49 54 Estudiantes

Semifinais 

Estudiantes - - Básquet Coruña U16
Ourense - - Básquet Coruña u15

 

Copa Premium 

Masculina

En canto ao resto dos equipos da Segunda masculina, esta fin de semana comezaron a Copa Premium. Celebráronse o duelos de ida de cuartos e o Ensino conseguiu o marcador máis amplo, xa que se impuxo so Melmar Sanxillao cun 12-114. O duelo entre o Estudiantes Rojo e o Cidade de Lugo caeu a favor do equipo visitante por 46-66.

O Viveiro conseguiu superar ao Sarria, pero o resultado foi moito mais axustado. O partido, moi igualado, acabou cun marcador de 58-63, que deixa aínda bastante aberta a eliminatoria. Algo similar co que aconteceu no partido entre o Estudiantes e Celtas. Os mariñaos impuxéronse, pero con oito puntos de diferencia.

MELMAR SANXILLAO 12 - 114 ENSINO LUGO

Melmar CB IES Sanxillao: Victor, Marcos, Anuar, Igor, Nicolás, Kevin, Pedro, Martín, Joel, Joao e Daniel.
Ensino Lugo: Kevin, Gerardo, Sergio, Pablo, Julian, Pablo, Álvaro e Saúl.
Parciais: 02-35/02-24/03-28/05-27.
Cancha: Anexo do Pazo.

SARRIA 58 - 63 VIVEIRO

CB Sarria: Diego, David, Alejandro, Jesús, Andrés, Xandre, Dimas, Manuel, Daniel, Izan e Iago.
CB Viveiro: Roque, Ángel, Victor, Juan, Daniel, Daniel G, Carlos, Miguel, Felipe e Óscar.
Parciais: 17-19/13-19/13-11/15-14.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

ESTUDIANTES ROJO 46 - 66 CIDADE DE LUGO

Estudiantes Rojo: Martín, Santiago, Mateo, Álvaro, Izan, Duarte, Iker, Manuel, Andrés e Kevin.
Cidade de Lugo: Mateo, Mauro, Iker, Rubén, Carlos, Juan, Mesfin, Marcos, Javier, Mateo, Brais e Pablo.
Parciais: 07-17/09-21/15-10/15-10.
Cancha: Anexo do Pazo.

ESTUDIANTES 70 - 78 CELTAS

Estudiantes Lugo Azul: Paio, Iker, Ángel, Sergio, Adrián, Nicolás, Mikel, Héctor e Omar.
Celtas Foz: Esteban, Ethan, Illan, Iván, Daniel e Álvaro.
Parciais: 19-16/11-32/22-10/18-20.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados ida cuartos

Melmar Sanxillao 12 114 Ensino
Sarria 58 63 Viveiro
Estudiantes Rojo 46 66 Cidade de Lugo
Estudiantes Azul 70 78 Celtas Foz

Volta cuartos

Ensino - - Melmar Sanxillao
Viveiro - - Sarria
Cidade de Lugo - - Estudiantes Rojo
Celtas Foz - - Estudiantes Azul