O Estudiantes comeza a fase de ascenso con dúas vitorias na casa

Na feminina, o equipo celeste gañou ao Carmelitas, mentres que na masculina se impuxo ao Sigaltec

Feminina 

Fase de Ascenso

Comezou a loita polo ascenso á Primeira cadete e o Estudiantes opta pola praza na categoría feminina e masculina. No caso das xogadoras de Lugo, o equipo impúxose na casa ao Carmelitas no partido de ida dos cuartos de final.

Ambos os dous equipos fixeron unha boa actuación, as visitantes buscaron balóns interiores e obrigaron as de Lugo a pecharse sobre elas para liberar tiros exteriores, onde tiveron moito acerto.

As do Estudiantes traballaron na defensa, controlaron o rebote para poder saír correndo e xogar rápido e así lograron afastarse no marcador. Ao final, conseguiron unha diferenza de 10 puntos, pero todo pode pasar no duelo de volta.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 76 - 66 CARMELITAS

Estudiantes Lugo: Carlota, Noa, María, Valle, Arianny, Marina, Claudia, Candela, Rosa e Cayetana.
Carmelitas Ourense: Leire, Noa, Candela, Aldara, Ana, Carolina, Laura, Nika e Uxía.
Parciais: 18-21/24-12/13-17/21-16.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 1

Estudiantes 76 66 Carmelitas Ourense
Arxil A 45 49 Salesianos Vigo A
Montrove 46 46 Compostela
BAXI Ferrol 69 42 Defensores do Morrazo

Próxima xornada 

Salesianos Vigo A - - Arxil A
Defensores do Morrazo - - Baxi Ferrol
Compostela - - Montrove
Carmelitas Ourense - - Estudiantes

 

Masculina 

Fase de Ascenso

Na categoría masculina o Estudiantes conseguiu vencer ao Sigaltec cunha boa vantaxe. Ao equipo de Lugo custoulle entrar ao partido, notáronse os nervios por tal cita, e os visitantes colleron as primeiras vantaxes.

No segundo cuarto cambiou a cousa, os celestes asentáronse no parqué e fixeron un moi bo parcial, para poñerse por diante.

Na segunda parte o Estudiantes rompeu o partido grazas a unha boa defensa que lles permitiu correr e máis ao bo acerto exterior. 

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 78 - 45 SIGALTEC

Estudiantes Lugo: Nicolás, Jacobo, Pablo, Javier, Andrés, Sergio, Mateo, Lucas, Hugo, Juan e Lucas.
Sigaltec: José, Marcos, César, Santiago, Roi, Ramón, Pedro, Borja, Rodrigo, Rubén, Manuel e Jeremías.
Parciais: 08-10/20-12/30-08/20-15.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 1

Estudiantes 78 45 Sigaltec
Obradoiro Vedra 68 60 Ourense
Seis do Nadal Coia 64 68 Básquet Coruña U16
Costa Ártabra 66 70 Básquet Coruña U15

Próxima xornada 

Básquet Coruña U15 - - Costa Ártabra
Básquet Coruña U16 - - Seis do Nadal Coia
Ourense - - Obradoiro Vedra
Sigaltec - - Estudiantes